Amador Rodríguez Martínez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1910 Melide, España |
Morte | 1946 (35/36 anos) Melide, España |
Relixión | católica |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote, folclorista |
Familia | |
Pai | José Rodríguez Ureña |
Amador Rodríguez Martínez, nado en Melide en 1910 e finado no mesmo concello no ano 1946, foi un sacerdote e investigador do folclore tradicional popular galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era fillo de José Rodríguez Ureña e de Elisa Martínez Sobrado, que rexentaron o ultramarinos Aceiteiro na Ronda da Coruña. Foi ordenado sacerdote, e exerceu o seu ministerio na vila de Melide. En xuño de 1929 uniuse ao traballo de campo do Seminario de Estudos Galegos na xeira levada a cabo na Terra de Melide, e publicou xunto con Vicente Risco o capítulo “Folklore de Melide” na monografía do ano 1933 Terra de Melide. Escribiu un “Auto dos Reis Magos”, que os nenos da vila representaron na desaparecida igrexa parroquial de San Pedro. A peza incluía a seguinte estrofa:
“ | Eu son un pobre galego que de Melide chegou agora e de regalo che traigo melindres da Melchora. |
” |
Xosé Filgueira Valverde refírese a Amador Rodríguez, nos seguintes termos:
“ | Amador Rodríguez Martínez, axiña malogrado, foi colaborador áxil, polo coñecimento dereito da poesía tradicioal, das crenzas, dos costumes, da mitoloxía, lendas e feitizos e da cencia do pobo sobre o ceo, os elementos, a saúde e a vida. | ” |
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Unha rúa da vila de Melide leva o seu nome.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Centro de Estudios Melidenses nº 10: "Fotos de Melide, 1904-1996".