Ambosores, Muras
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Ambosores.
Ambosores | |
---|---|
Vista de Pena do Mouriscón. | |
Concello | Muras[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°33′19″N 7°45′00″O / 43.55513889, -7.75008333 |
Poboación | 7 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 6[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa María de Ambosores é unha parroquia que se localiza no noroeste do concello de Muras. Segundo o IGE[2] en 2019 tiña 8 habitantes (2 mulleres e 6 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación.[3]
Historia
[editar | editar a fonte]A orixe desta parroquia remóntase a 1895 cando 24 entidades da parroquia de San Pantaleón de Cabanas segregáronse desta para formaren a parroquia eclesiástica de Ambosores que ten lugares en catro concellos (Ourol, Muras, Mañón e As Pontes de García Rodríguez) de dúas provincias (Lugo e A Coruña). Os 6 lugares que están no concello de Muras son os que forman esta parroquia civil.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ IGE (ed.). "Nomenclátor de Galicia, ano 2014. Busca por entidades". Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2021. Consultado o 29 de abril de 2021.
- ↑ Xunta de Galicia (ed.). "Nomenclátor de Galicia. Busca directa".
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Ambosores
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Ambosores no concello de Muras (Lugo) | |
---|---|
As Ameixeiras | Couce dos Mouros | O Mouriscón | Pena do Mouriscón | O Rego | Santar de Baixo |
Parroquias de Muras
[editar | editar a fonte]