American Airlines Center
American Airlines Center | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 32°47′26″N 96°48′37″O / 32.790555555556, -96.810277777778 |
Localización | Dallas, Texas |
Construción | |
Inauguración | 17 de xullo de 2001 |
Arquitecto | David M. Schwarz HKS Inc. Johnson/McKibben |
Custo | $420 millóns USD |
Estadio | |
Capacidade | Baloncesto: 21.041 Hóckey sobre xeo: 18.532 |
Propietario | Center Operating Company, L.P. |
Localía | Dallas Mavericks (NBA) Dallas Stars (NHL) |
Web | https://www.americanairlinescenter.com/ |
Eventos | |
construción | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O American Airlines Center, ás veces chamado AAC, é un pavillón localizado no barrio de Victory Park, preto do centro de Dallas, Texas, que é usado para partidos de baloncesto da National Basketball Association (NBA) dos Dallas Mavericks e de hóckey sobre xeo da National Hockey League (NHL) dos Dallas Stars. Tamén é utilizado para concertos.
Historia
[editar | editar a fonte]Para o ano 1998, os Dallas Mavericks, o seu dono Mark Cuban e os Dallas Stars indicaban o seu desexo de substituír o seu pavillón (o Reunion Arena) por un novo. Os residentes de Dallas aprobaron a introdución de impostos novos nos hoteis e na renda para pagar o novo fogar dos Mavs e dos Stars.
Moitos confunden o nome co AmericanAirlines Arena, pavillón de Miami Heat. Ironicamente, en 2006, os dous equipos chegaron ás Finais, nunha serie ao mellor de sete, que terminou con catro vitorias dos de Florida. Os Mavericks que venceran os 2 primeiros xogos en casa, perderon o resto dos partidos. As series acabaron sendo coñecidas como as "American Airlines Series".
Equipos
[editar | editar a fonte]O American Airlines Center é o fogar dos seguintes equipos:
Galería
[editar | editar a fonte]-
Entrada ao pavillón
-
Vista do American Airlines Center
-
Dirk Nowitzki lanzando un tiro libre
-
Interior do pavillón
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey sobre xeo |