Anca (zooloxía)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Anca.
En zooloxía chámase anca a cada unha das extremidades posteriores de certos animais cuadrúpedes,[1] especialmente nas cabalarías.
Particularidades nas cabalarías
[editar | editar a fonte]Nas cabalarías, para lograr unha marcha adecuada, a lonxitude e anchura das ancas deben seren proporcionadas:[2]
Por iso:
- Cando ancas son moi longas, polo xeral están acompañadas das mesmas proporcións nas partes que forman as extremidades posteriores, polo que as flexións e extensións serán grandes e a súa reacción moi suave, especialmente se a rexión lumbar ten moita lonxitude e flexibilidade. Os cabalos con este defecto únense excesivamente. (Chámase unión no cabalo á acción das extremidades posteriores para dirixirse ao centro de gravidade).
- Se son moi curtas, adoitan gardar as mesmas proporcións os membros abdominais, é dicir, as flexións e extensións do cuarto posterior tamén serán curtas e, por conseguiente, o paso curto e a reacción moi forte; este defecto aumentará moito se a rexión lumbar é moi curta, pois neste caso os cabalos únense con dificultade.
Particularidades nalgúns animais silvestres
[editar | editar a fonte]Os antílopes africanos da familia dos alcelafinos (alcelafos, damaliscos e ñus) presentan a perticularidade, entre outras, de teren unhas alzadas (agullas ou cruz, articulacións das extremidades anteriores) moi altas, bastante máis que as ancas,[3][4] polo que o seu lombo é descendente, en vez de horizontal, o que os distingue dos demais bóvidos, o mesmo que lles ocorre, en menor medida, ás hienass,[5][6] o que as diferencia dos outros carnívoros.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Cabalo
(Equus ferus caballus)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ anca no Dicionario da RAG.
- ↑ Carlos Risueño, (1829):Diccionario de veterinaria (en castelán).
- ↑ Dorst, J. & Dandelot, P. 1973, pp. 222-233.
- ↑ Haltenorth, T. & Diller, H. 1986, pp. 79-87.
- ↑ Dorst, J. & Dandelot, P. 1973, pp. 130-136.
- ↑ Haltenorth, T. & Diller, H. 1986, pp. 217-220.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Vexa a entrada do Galizionario acerca de anca |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dorst, J. & Dandelot, P. (1973): Guía de campo de los mamíferos salvajes de África, Barcelona: Ediciones Omega, S. A.
- Haltenorth, T. & Diller, H. (1986): A Field Guide of the Mammals of Africa including Madagascar. Londres: William Collins Sons & Co Ltd. ISBN 0-00-219778-2.
- Kowalski, K. (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9.