Anders Sandoe Oersted
Nome orixinal | (da) Anders Sandø Ørsted |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | Anders Sandøe Ørsted 21 de xuño de 1816 Rudkøbing, Dinamarca |
Morte | 3 de setembro de 1872 (56 anos) Copenhague, Dinamarca |
Residencia | Dinamarca |
Educación | Universidade de Copenhague |
Actividade | |
Campo de traballo | Botánica |
Ocupación | botánico, zoólogo, biólogo mariño, explorador |
Empregador | Universidade de Copenhague |
Membro de | |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Oerst. |
Familia | |
Familia | Ørsted (en) |
Pai | Jacob Albert Ørsted |
Descrito pola fonte | Appletons' Cyclopædia of American Biography Nordisk familjebok Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Anders Sandoe Oersted, tamén coñecido como Anders Sandøe Ørsted e Anders Sandö Örsted, nado en Rudkøbing (Langeland) o 21 de xuño de 1816 e finado en Copenhague o 3 de setembro de 1872, foi un botánico, especializado en micoloxía, zoólogo, biólogo mariño e explorador danés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formado academicamente na Universidade de Copenhague, un dos seus primeiros traballos na súa carreira, foi sobre os nematodos daneses e árticos, publicado en 1843,[1] seguido o ano seguinte doutro sobre a zonación das algas mariñas de Oresund.[2]
Viaxou frecuentemente por Centroamérica entre 1845 e 1848, e foi designado profesor de Botánica da Universidade de Copenhague en 1851, posto que mantivo até 1862.
Oersted publicou numerosos escritos, enfocados en especies das familias das acantáceas e das fagáceas.[3][4][5][6][7]
Unha das súas máis significativas e coñecidas publicacións foi L'Amérique Centrale.[8]
Foi o autor de varios centos de nomes de plantas aínda en uso.[9]
Foi membro da Real Academia Danesa de Ciencias e Letras
Honores
[editar | editar a fonte]Eponimia
[editar | editar a fonte]- Xénero de orquídeas
- Oerstedella Rchb.f.
Abreviaturas
[editar | editar a fonte]A abreviatura Oerst. emprégase para recoñecer a Anders Sandoe Oersted como autoridade na descrición e clasificación científica en botánica.
A abreviatura Oersted emprégase para recoñecer a Anders Sandoe Oersted como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ørsted, A. S. (1843): "Grønlands Annulata dorsibranchiata". Kongelige Danske Videnskabernes Selskab, Naturhistorisk- mathematiske Afhandliger 10: 153-216.
- ↑ Ørsted, A. S. (1844):De regionibus marinis: Elementa Topographiae Historiconaturalis Freti Oeresund. Respondente ornatissimo E. Petit; publice defendere studebit. Copenhague: J. C. Scharling.
- ↑ Ørsted, A. S. (1861): "Myrsineae centroamericanæ et mexicanæ". Videnskabelige Meddelelser fra den Naturhistoriske Forening i Kjøbenhavn.
- ↑ Ørsted, A. S. (1858): Gesneraceæ centroamericanæ. Kongelige Danske Videnskabernes Selskabs Skrifter - Naturvidenskabelig og Mathematisk Afdeling, 5.Rk., vol. 5.
- ↑ Ørsted, A. S. (1855): Mexicos og Centralamerikas Acanthaceer. Videnskabelige Meddelelser fra den Naturhistoriske Forening i Kjøbenhavn 1854.
- ↑ Ørsted, A. S. (1852): "Centralamerikas Rubiaceæ". (Bestemmelser og Beskrivelser mestendeels af G. Bentham). Journal of the Linnean Society.
- ↑ Ørsted, A. S. (1867): "Recherches sur la classification des Chênes". Mémoires de la Societé d’Histoire Naturelle de Copenhague.
- ↑ Ørsted, A. S. (1863): L'Amérique Centrale: Recherches sur sa flora et sa géographie physique Arquivado 30 de setembro de 2007 en Wayback Machine.. Copenhague, Bianco Luno
- ↑ IPNI, Lista de nomes de plantas con Oerst. como autor.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anders Sandoe Oersted |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Anders Sandoe Oersted |