Anna Kikina
(2022) | |
Nome orixinal | (ru) Анна Кикина |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (ru) Анна Юрьевна Кикина 27 de agosto de 1984 (40 anos) Novosibirsk (Unión Soviética) |
Educación | Novosibirsk State Academy of Water Transport (en) |
Actividade | |
Ocupación | enxeñeira, astronauta, test cosmonaut (en) , cosmonauta, Piloto-Cosmonauta da Federación Rusa |
Tempo no espazo | 157 días, 10 horas e 1 minuto |
Misión do astronauta | |
Participou en | |
SIRIUS (en) | |
Premios | |
| |
Anna Yúrievna Kikina (ruso: Анна Юрьевна Кикина), nada en Novosibirsk o 27 de agosto de 1984, é unha enxeñeira rusa e cosmonauta [1] seleccionada en 2012.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 2005 completou un curso de instrutora de primeiros auxilios no Ministerio de Emerxencias de Rusia e en 2006 licenciouse con honores na facultade de enxeñería da Academia Estatal de Enxeñaría do Transporte Acuático de Novosibirsk, especializándose en Protección en Situacións de Emerxencia. [1] No ano 2008 obtén a licenciatura en Economía e Xestión (Industria do Transporte) na mesma universidade. [3]
Traballou como presentadora en Radio Siberia.[4]
En 2012, ao saber que a Axencia Espacial Federal Rusa (Roscosmos) buscaba cosmonautas en formación, Anna decidiu presentarse. O proceso de selección durou preto dun ano, durante o cal o número de aspirantes baixou a 304, entre eles 43 mulleres. [3] Entre as oito candidatas finalmente seleccionadas, foi a única muller. Na última selección foron seis os homes, e non se deron explicacións polos motivos de que Kíkina quedou fóra.[5] Poucos días despois informouse de que a decisión sería revertida e Kíkina foi incluída de novo,[6] sendo asignada ao posto de cosmonauta de proba en 2014, e comezou a súa preparación para voar ao espazo. [3]
En xuño de 2020, o seu compañeiro cosmonauta Oleg Kononenko dixo que se espera que Kíkina voe na súa misión de outono de 2022 á Estación Espacial Internacional a bordo do Soyuz MS -22 e realice unha camiñada espacial durante a misión.[7] Ao facelo, converteríase na quinta muller cosmonauta rusa en ir ao espazo.[8] A corporación espacial estatal rusa anunciou o pasado 16 de marzo que Mattel presentou unha boneca que encarna a imaxe de Anna Kikina para a campaña "You Can Be Who You Want".[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Cosmonaut Biography: Anna Kikina". Consultado o 13 de xullo de 2020.
- ↑ "Russia's 2nd Post-Soviet Female Cosmonaut in Line for Space Station Mission" (en inglés). 2014-09-03. Consultado o 2021-02-02.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Ryabikova, Victoria (2020-07-09). "For the first time in eight years, a Russian woman will fly to the ISS. Who is she?" (en inglés). Consultado o 2021-02-02.
- ↑ "В МЧС рассказали о девушке "спасателе-космонавте" из Новосибирска" (en ruso). 12 de abril de 2019. Consultado o 2021-02-02.
- ↑ "Russia appoints six new cosmonauts, sole female candidate not among them". 17 de xuño de 2014. Consultado o 2021-02-02.
- ↑ "Cosmonaut Kikina: Roscosmos reinstates rejected female candidate". 26 de xuño de 2014. Consultado o 2021-02-02.
- ↑ "Россиянка-космонавт может полететь в космос через два года". 26 de xuño de 2020. Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2021. Consultado o 2 de febrero de 2021.
- ↑ "Anna Kikina será finalmente la quinta astronauta rusa de la historia en ir al espacio" (en castelán). 30 de xuño de 2020. Consultado o 2021-02-02.
- ↑ "La cosmonauta de Roscosmos Anna Kikina se convirtió en prototipo de muñeca Barbie". Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2021. Consultado o 08 de decembro de 2021.