Antonio Pichel
Nome orixinal | (gl) Antonio |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1951 (72/73 anos) Carballo, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | tradutor |
Antonio Pichel Lorenzo, nado en Carballo en 1951,[1] é un filólogo e tradutor galego.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formación e docencia
[editar | editar a fonte]Cursou estudos de bacharelato no Colexio Leus de Carballo. Estudou na Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse en Filoloxía Románica. Exerceu a docencia no ensino secundario e foi catedrático de francés na Coruña até a súa xubilación.
Formou parte do xurado examinador do Diplôme d´études de langue française, a cargo do Centre Français da Coruña, dependente da Universidade da Sorbona. Así mesmo, traballou uns anos como profesor no estranxeiro, en centros educativos como o Lycée Colbert de Thionville (1989), o Lycée Rousseau de Laval (1993), o Collège Maturin Règnier de Chartres (1995), o IUFM da Universidade de Chartres ou o Lycée Les Bourdonnières de Nantes (1998).
Tradución e labor ensaístico
[editar | editar a fonte]No campo da tradución de empresa, colaborou con Axencias de Tradución de diferentes países, con traducións de tipo xurídico, económico, comercial e técnico.
Entre as obras literarias que traduciu do francés ao galego figuran o Diario íntimo de George Sand (Edicións Laiovento), Vermello e negro de Stendhal, Madame Bovary de Gustave Flaubert e 11 álbums da serie de banda deseñada Astérix, como Astérix o galo, Astérix gladiador ou Astérix en Hispania.[3]
Tamén se ocupou de traducir ao galego El Regionalismo de Alfredo Brañas Menéndez, previa adaptación do castelán do século XIX.[4][5]
Ten varias publicacións sobre Historia, Literatura e Lingua francesa.[6]
Colaborador coas revistas A Mariña e Esculca.
Obras traducidas
[editar | editar a fonte]- Ó galego
- Mañá fará bo día, de Luce Fillol (Editorial Galaxia, 1993)
- O tío Goriot, de Honoré de Balzac (Editorial Galaxia, 1994)
- Madame Bovary, de Gustave Flaubert (Editorial Galaxia, 1994)
- As luces de setembro, de Carlos Ruiz Zafón (Edebé-Rodeira, 1995 e 1997)
- Diario íntimo, de George Sand (Editorial Laiovento, 1996).
- Vermello e negro, de Stendhal (Editorial Galaxia, 1996)
- Astérix o galo, de René Goscinny e Albert Uderzo (Editorial Galaxia, 1996)
- Astérix gladiador, de René Goscinny e Albert Uderzo (Editorial Galaxia, 1996)
- Astérix nos Xogos Olímpicos, de René Goscinny e Albert Uderzo (Editorial Galaxia, 1996)
- A gran travesía, de René Goscinny e Albert Uderzo (Editorial Galaxia, 1996)
- Max e Koffi son amigos, de Dominique de Saint Mars (Editorial Galaxia, 1997)
- A Max non lle gusta ler, de Dominique de Saint Mars (Editorial Galaxia, 1997)
- Alguén segue a Lilí, de Dominique de Saint Mars (Editorial Galaxia, 1997)
- Lilí enfádase coa súa amiga, de Dominique de Saint Mars (Editorial Galaxia, 1997)
- Lilí quere un gatiño, de Dominique de Saint Mars (Editorial Galaxia, 1997)
- Os pais de Max e Lilí discuten, de Dominique de Saint Mars (Editorial Galaxia, 1997)
- Astérix en Hispania, de René Goscinny e Albert Uderzo (Editorial Galaxia, 1997)
- Astérix na terra dos bretóns, de René Goscinny e Albert Uderzo (Editorial Galaxia, 1997)
- Os loureiros do César, de René Goscinny e Albert Uderzo (Editorial Galaxia, 1997)
- O fouciño de ouro, de René Goscinny e Albert Uderzo (Editorial Galaxia, 1998)
- A volta á Galia de Astérix, de René Goscinny e Albert Uderzo (Editorial Galaxia, 1998)
- O regalo do César, de René Goscinny e Albert Uderzo (Editorial Galaxia, 1998)
- Astérix na terra dos belgas, de René Goscinny e Albert Uderzo (Editorial Galaxia, 1998)
- Max é moi torpe, de Dominique de Saint Mars (Editorial Galaxia, 1998)
- Morreu o avó, de Dominique de Saint Mars (Editorial Galaxia, 1998)
- O último voo, de Jesús Ballaz Zabalza (Everest Galicia, 1998)
- Max quere facer amigos, de Dominique de Saint Mars (Editorial Galaxia, 1998)
- Lilí quere unha paga, de Dominique de Saint Mars (Editorial Galaxia, 1998)
- Lilí é desordenada, de Dominique de Saint Mars (Editorial Galaxia, 1998)
- Adoptaron a Sara, de Dominique de Saint Mars (Editorial Galaxia, 1998)
- As raíces do tamarindo, de Gumersindo Pacheco (Rodeira, 2001)
- Ó castelán
- Inés y la perrita sabia, de Darío Xohán Cabana (Edebé, 2000. Título orixinal Inés e a cadela sabia)
Ensaio, investigación e material docente
[editar | editar a fonte]- Literatura Universal Contemporánea, VV. AA., 4 tomos (Baía Edicións, 2003-2004)[7]
- Vocabulario Temático Ilustrado, VV. AA. (Editorial Galaxia, 1991)[8]
- En torno ó vocabulario feudal no trobadorismo galego-Portugués (USC, 1986)[9]
- Ficción Poética e Vocabulario Feudal na Lírica Trobadoresca galego-Portuguesa (Deputación da Coruña, 1987)[10]
- Andaina 3. Literatura galega, B.U.P.-3º, VV. AA. (Bruño, 1989)
- Prólogo á Viaxe ás Grañas do Sor, de Uxío Carré Alvarellos (Galaxia, 1993)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ficha do persoeiro Blog. 6/5/2017.
- ↑ Breve entrada sobre o autor. Blog. 12/7/2016.
- ↑ "Antonio Pichel Lorenzo". Bitraga. Archived from the original on 10-02-2018. Consultado o 4-7-2020.
- ↑ Cameán Vázquez, José Manuel (24-1-2019). "TRABALLO DE ANTONIO PICHEL QUE TRADUCIU O LIBRO ” O REXIONALISMO”". padroadoalfredobranascarballo.home.blog. Consultado o 4-7-2020.
- ↑ "O Rexionalismo : estudo sociolóxico, histórico e literario". worldcat.org. Consultado o 4-7-2020.
- ↑ "Antonio Pichel Lorenzo". www.blogoteca.com. 17-12-2017. Consultado o 4-7-2020.
- ↑ Ficha Arquivado 06 de xullo de 2020 en Wayback Machine. de Aurora Bermúdez Cano na páxina web de Bahía.
- ↑ Ficha da obra en Galaxia.
- ↑ Ficha en opacmeiga.rbgalicia.org.
- ↑ https://www.gallaecialibros.com/detalle_producto.php?len=2&id=9969 Ficha] da obra.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fernández del Riego, F. (1992). Diccionario de escritores en lingua galega. Do Castro. p. 689.