Baía Edicións
Aparencia
Baía Edicións | |
---|---|
Baía Edicións no polígono de Pocomaco, A Coruña. | |
Tipo | editorial |
Data de fundación | 1990 |
Sede | Pocomaco |
País | Galicia |
Na rede | |
https://baiaedicions.gal/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Baía Edicións é unha empresa editorial galega, con sede na Coruña.
Historia
[editar | editar a fonte]Fundada na cidade da Coruña en 1990, ten varias liñas editoriais: libro de texto, contos infantís, xogos, literatura xuvenil e de adultos, ensaio e pensamento filosófico, gastronomía, divulgación da natureza. Patrocina, xunto a Sotelo Blanco Edicións e Edicións A Nosa Terra, o selo empresarial Consorcio Editorial Galego, a través do cal distribúe os seus fondos e coedita libros de texto.
No ano 2004 puxo en marcha o Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil.
No ano 2018 comezou a convocar o Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "I Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade". Xunta de Galicia. 14 de marzo de 2018. Consultado o 30 de novembro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Edicións Baía" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
- "Edicións Baía" en Diccionario Enciclopédico Galego Universal, t. 23, p. 61.