Argantonio
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 670 a. C. Tartessos |
Morte | 550 a. C. (119/120 anos) Tartessos |
Monarca | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Descrito pola fonte | Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru (en) Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft |
Argantonio (670 a. C. - 550 a. C.) foi o último rei tarteso, aínda que o único do que se ten referencias históricas. Debido á súa lonxevidade, hai historiadores que pensan que podería tratarse non dun rei senón dunha dinastía, xa que se lle atribúen tesouros duns 300 anos de diferenza.
Aparece en fontes gregas pola súa relación militar e comercial con Focea (colonia dos gregos en Asia Menor).
Argantonio é o primeiro monarca histórico da Península Ibérica citado polas fontes da Antigüidade. As únicas referencias sobre a súa figura atópanse nos textos de Anacreonte (s. VI a. C.) e Herodoto (s. V a. C.), quen lle atribúen unha vida de cento vinte anos e un reinado de oitenta. Os historiadores sitúan, pois, o seu reinado entre 630 e 550 a. C., polo que se considera o 670 a.C. data aproximada do seu nacemento.[1]
Reinado
[editar | editar a fonte]O seu reinado supón o apoxeo da cultura tartesa. O nome de Argantonio (home de prata), que revela a súa orixe indoeuropea, aparece nas fontes gregas ligado á riqueza mineira do seu reino (bronce e prata), coa cal prestou axuda aos focenses para financiar a fortificación de Focea (cidade grega de Asia Menor) contra a ameaza persa.[1] Dise que lle deu até 1500 quilos de prata aos seus aliados.
Mais non logrou así establecer no seu reino colonias focenses, coas que aspiraba quizais a sacudirse da tutela comercial establecida polos fenicios de Gadir (Cádiz),[1] ou quizais dar saída ao comercio dos metais, interrompidas pola presión asiria sobre as cidades de Fenicia.
Algúns outórganlle un reinado de 80 anos (do 630 a. C. ao 550 a. C.) e unha vida de 120, como (Plinio o Vello),[2] Heródoto e outros elévana a 150. Incluso algúns lle deron a inaudita idade de 3 século, que, obviamente, é unha esaxeración, pero que alimenta a idea de que gozou de lonxevidade e un longo reinado.
Morte
[editar | editar a fonte]O máis probábel é que Argantonio falecera de morte natural, aínda que non existen documentos históricos sobre o seu falecemento.
Caída de Tartessos
[editar | editar a fonte]Tras a batalla naval de Alalia (535 a. C.), 15 anos despois da morte de Argantonio, na que etruscos e cartaxineses se aliaron contra os gregos, Cartago convértese en dona indiscutíbel do Mediterráneo Occidental. Cortada a ruta cara a Iberia, os focenses cesan o comercio con Tartessos, que queda lentamente relegada ao esquecemento.
A derrota grega deixou os tartessos sen os seus aliados e expostos ao ataque púnico. Pouco despois, ao redor do 500 a.C., os tartessos sufrirían o ataque dos cartaxineses. A capital tartesa foi sitiada polos cartaxineses, e, segundo contan algunhas fontes, despois de tomar a fortaleza que a defendía pola parte do mar, a muralla foi derrubada. Todo o imperio de Tartessos debeu caer tras a caída da súa capital e a mesma sorte correu Mainake (Málaga), a cidade grega fundada baixo a protección de Tartessos. Así, Cartago, aprópiase do Mediterráneo Occidental e a maior parte da costa mediterránea española quedaría baixo a súa influencia.[3]
Este dominio púnico manteríase nestas terras até que Cartago se enfrontou a Roma pola hexemonía no Mediterráneo occidental, nas guerras púnicas, sendo derrotada totalmente no 146 a. C. Isto marcaría a chegada dos romanos á Península Ibérica, onde atopan unha rexión chamada "Turdetania" na que vivían os descendentes dos tartessos. A esta rexión chamaríana a "Betica" e ao río "Tartessos" que a cruzaba chamaríano río "Betis".
Predecesor: Habis |
Rei de Tartessos 630 - 550 a. C. |
Sucesor: Ninguén |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Biografías y Vidas. "Argantonio". Consultado o 26 de marzo de 2015.
- ↑ Plinio el Viejo Libro VII item 156
- ↑ Todo sobre España. "Caida de Tartessos".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Heródoto, Historia i, p. 163
- Estrabón iii, p. 151
- Luciano, Macrob. 1h0
- Cicerón, de Senect. 19
- Plinio o Vello, Naturalis Historia, vii, 48
- Valerio Máximo viii. 13 ext. 4
- Smith, William, Sir (1867). Boston: Little, Brown and co., ed. Dictionary of Greek and Roman biography and mythology.
- Alvar, Jaime e Blázquez, J. Mª (1993). numancia Editorial Cátedra, ed. Los Enigmas de Tarteso. 84-376-1138-5.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Tesis sobre Tartessos.
- Artigo no sitio Segunda República: Argantonio: el mito real.