Ariadna Gil
Nome orixinal | (ca) Ariadna Gil Giner |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (ca) Ariadna Gil i Giner 23 de xaneiro de 1969 (55 anos) Barcelona, España |
Actividade | |
Ocupación | actriz de cinema, actriz, directora de cinema |
Período de actividade | 1986 - |
Familia | |
Cónxuxe | David Trueba |
Parella | Viggo Mortensen (2009–) David Trueba (–2009) |
Fillos | Violeta Trueba i Gil () David Trueba |
Pai | August Gil Matamala |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Ariadna Gil i Giner, nada en Barcelona o 23 de xaneiro de 1969, é unha actriz catalá de cine, teatro e televisión.
Biografía
[editar | editar a fonte]Foi descuberta polo director Bigas Luna, con quen debutou no seu filme Lola, en 1986. Tras participar en catro filmes realizados en catalán, en 1991 adquiriu notoriedade no cine español ó protagonizar a longametraxe de Emilio Martínez Lázaro Amo tu cama rica, que lle valeu o Premio Ondas á mellor actriz española do ano e a consagrou definitivamente. Despois chegou Belle Époque, e con ela gañou o Premio Goya á mellor actriz, e o filme conseguiu o Óscar á mellor filme de fala non inglesa.
Posteriormente dosificou as súas aparicións, escollendo moi ben os guións. Entre 2010 e 2011 coprotagoniza a obra teatral do clásico Un tranvía llamado Deseo.[1]
Ten dous fillos da súa primeira unión co escritor e cineasta David Trueba. Pouco despois coñeceu ó actor Viggo Mortensen, dando por finalizada a súa relación con David Trueba.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Julio Bravo (3 de febreiro de 2011). "Viajeras del tranvía llamado deseo". ABC. Consultado o 9 de febreiro de 2011.
- ↑ Ruth Fernández. "Ariadna Gil y Viggo Mortensen pasean su amor por Madrid".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ariadna Gil na IMDb (en inglés).