Arkona
Aparencia
Arkona | |
---|---|
Arkona en directo, ano 2018 | |
Orixe | Moscova, Rusia, |
Período | 2002 - actualidade |
Xénero(s) | pagan metal, folk metal |
Membros |
|
Na rede | |
www.arkona-russia.com | |
Arkona (Аркона) é unha banda rusa de pagan metal e folk metal, xurdida no ano 2002 en Moscova. As súas letras están baseadas na historia rusa e a mitoloxía eslava, e ademais incorporan algúns instrumentos tradicionais da música de Rusia (tales como balalaicas, domras, guslis, acordeón ruso ou bayan, zanfonas, violíns, tambores, frautas etc).
A banda formouse en 2002 e dende entón publicaron 7 álbums, 1 demo, 1 recompilatorio e 2 DVD de concertos en vivo. O nome da banda provén do nome da última cidade eslava pagá fortificada, no Cabo Arkona.
No 2014, Vlad "Artist" (batería) deixa a banda, incorporándose ó grupo o batería Andrey Ishchenko, o cal xa tivo participación no álbum de estudio Yav.
Notas
[editar | editar a fonte]Hai máis dunha banda co nome de Arkona.
- Arkona (Polonia): Banda de black metal procedente de Polonia e creada no 1993.
- Arkona (Tamén de Moscova): pertencen ó subxénero NSBM. Cambiaron o seu nome a Varyag.
- Arkona (República Checa, Chrudim): Banda de Heavy metal e Hard rock.
Formación actual
[editar | editar a fonte]- Masha "Scream" (voz)
- Sergej "Lazar" (guitarra)
- Ruslan "Kniaz" (bajo)
- Andrey Ishchenko (batería)
- Vladimir Cherepovsky (Flauta, Gaita)
Discografía
[editar | editar a fonte]- Русь / Rus - DEMO - 2003
- Возрождение / Vozrozhdenie - 2004
- Лепта / Lepta - 2004
- Во Славу Великим! / Vo Slavu Velikim! - 2005
- Жизнь во славу / Zhizn Vo Slavu (álbum en directo e DVD) - 2006
- От сердца к небу / Ot Serdtsa K Nebu - 2007
- Night of Veles DVD - 2009
- Поём вместе / Poem Vmeste (recompilación) - 2009
- Гой, Роде, Гой! / Goi, Rode, Goi! (2009)
- Стенка на стенку / Stenka Na Stenku (mini-álbum) - (2011)
- слово / Slovo (2011)
- Decade of Glory (álbum en vivo e DVD) - 2013
- явь / Yav' (2014)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |