Saltar ao contido

Amianto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Asbesto»)
Amianto

O amianto, tamén chamado asbesto, é un grupo de mineral rochas metamórficas fibrosos. Están compostos de silicatos de cadea dobre.

Características

[editar | editar a fonte]

Asbesto é o nome que se lle da a un grupo de seis materiais fibrosos diferentes (amosita, crisótilo, crocidolita e as formas fibrosas de tremolita, actinolita e antofilita) que aparecen de forma natural no ambiente.

Os minerais de amianto teñen fibras longas e resistentes que se poden separar e son suficientemente flexíbeis como para ser entrelazadas e tamén resisten altas temperaturas. Debido a estas características, o amianto empregouse para unha gran variedade de produtos manufacturados, especialmente na construción (tellas para tellados, baldosas e azulexos, produtos de papel e produtos de cemento con amianto), produtos de fricción (embragues de automóbiles, freos, compoñentes de transmisión), materiais téxtiles termorresistentes, envases e revestimentos. Algúns produtos de vermiculita e de talco poden conter amianto.

Impacto na saúde

[editar | editar a fonte]

Segundo a OMS, O amianto ten graves e duradeiros efectos na saúde humana.[1] [2] As doenzas profesionais causadas polo amianto teñen un longo período de latencia, algunhas delas de até 40 anos, o que significa que os efectos na saúde da exposición poden non manifestarse inmediatamente.

Na Unión Europea, estímase que o amianto é responsable da morte de arredor de 90.000 persoas ao ano debido a enfermidades relacionadas coa súa exposición.[3] En 2019, rexistráronse 90.730 mortes relacionadas co amianto na UE. Aínda que o amianto foi prohibido na UE desde 2005, as enfermidades pulmonares e os mesoteliomas derivados da súa exposición continúan sendo unha ameaza para a saúde. O Parlamento Europeo recoñeceu a necesidade de avogar por unha redución da exposición ao amianto debido ás altas taxas de mortalidade entre os traballadores expostos.[4]

  1. "Chemical fact sheets: Asbestos". www.who.int (en inglés). Consultado o 2023-10-01. 
  2. "Asbestos: Eliminating asbestos-related diseases". Organización Mundial da Saúde WHO.int (en inglés). 2021. 
  3. "UGT ; El Parlamento Europeo escucha la demanda sindical y vota para proteger a los trabajadores contra el amianto". ugt.es (en castelán). Consultado o 2023-10-01. 
  4. "Protecting workers from asbestos. European added value assessment accompanying request for a legislative proposal 2019/2182(INL" (PDF). europarl.europa.eu. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

----

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre química é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.