Aspartamo
O aspartamo ou aspartame, descuberto en 1965 por J.P. Schlatter, é o nome dun edulcorante artificial, que non pertence ó grupo dos carbohidratos. Quimicamente é o Aspartil-fenilalanina-1-metil éster; un ester metílico do dipéptido formado a partir dos aminoácidos ácido aspártico e fenilalanina. Denominado na industria alimentaria coas siglas E-951.
É totalmente metabolizado polo organismo, e a súa hidrólise dá lugar a ácido aspártico, metanol e fenilalanina.
Os medios ácidos, como os zumes de froitas (pH comprendidos entre 3 e 5) e as bebidas de cola (p < 3) ocasionan a descomposición da molécula de aspartamo. O aspartamo descomponse en medio acuoso e quente, dando metanol e dicetopiperazina. Perde dozura cando se somete a temperaturas superiores a 30 °C ou máis baixas de forma prolongada. A inestabilidade ó calor non permite o seu emprego en produtos que necesitan cocción.
É unhas 160 veces máis doce que o azucre común, sacarosa, e posúe un valor enerxético de 4 calorías por cada gramo. Por este motivo, a pesar de ser calórico, as pequenas cantidades en que se emprega fan que o seu valor enerxético resulte inapreciable. O consumo de alimentos que conteñen aspartamo deixa un sabor doce permanente, a diferenza doutros edulcorantes que deixan un regusto amargo.
Emprégase como edulcorante baixo en calorías en: refrescos, zumes, cereais de almorzo, como edulcorante de mesa, gomas de mascar, lácteos, marmeladas, bebidas quentes de chocolate, multivitaminas e en produtos farmacéuticos. Está presente en aproximadamente 6.000 bebidas e alimentos usados en todo o mundo.
A inxesta máxima diaria é de 40 mg/kg. Non produce carie dental. Grandes doses de aspartamo poden resultar tóxicas.
É unha fonte importante de fenilalanina e metanol, polo que, en exceso, pode producir trastornos na saúde. É unha substancia inocua nas doses recomendadas, salvo en persoas que padecen fenilcetonuria; unha enfermidade conxénita na que se acumulan cantidades moi altas de fenilalanina no sangre, orixinando atraso mental e outras alteracións importantes na saúde e na calidade de vida. Por este motivo é obrigatorio que no etiquetado apareza unha destas advertencias: "non apto para fenilcetonúricos", ou "contén unha fonte de fenilalanina".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Aspartamo: amarga dulzura investigación periodística
- ¿Supone el aspartamo un riesgo para la salud?, resumo realizado por GreenFacts dun informe da Comisión Europea.
- Lifespan Exposure to Low Doses of Aspartame Beginning During Prenatal Life Increases Cancer Effects in Rats Nuevo estudio de la Fundación Ramazzini Arquivado 07 de xullo de 2007 en Wayback Machine. que relaciona aspartamo y ciertos cánceres.