Saltar ao contido

Athyma nefte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Athyma nefte

Femia en Peravoor.

Macho en Peravoor.
Macho en Peravoor.

Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Lepidoptera
Familia: Nymphalidae
Xénero: Athyma
Especie: A. nefte
Nome binomial
Athyma nefte
(Cramer, 1780) / (Moore, 1858)[1]
Subespecies

Varias, incluíndo:

  • Athyma nefte asita Moore, 1858
  • Athyma nefte nefte (Cramer, 1780)
  • Athyma nefte subrata Moore, 1858
  • Athyma nefte inara (Doubleday, 1850)

Athyma nefte é unha especie de bolboreta ninfálida que habita nas áreas tropicais do sur e sueste de Asia.[2][3]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A descrición da especie baséase na feita por Bingham.[4][5]

Eiruga cilíndrica, con seis filas de espiñas finas ramificadas, sendo a dorsal máis baixa ca a lateral e as do terceiro e cuarto segmentos máis baixas ca o resto, o segundo segmento sen armas; as bases das patas teñen espiñas curtas e sinxelas. De cor verde pura, cunha gran mancha marrón no noveno segmento. Espiñas marróns e cabeza marrón escura, cabeza cuberta de espiñas curtas e simples de cor marrón e tubérculos brancos. Aliméntase de Glochidion velutinum e de G. zelanicum. Pupa como a de Athyma ranga, pero dos curiosos procesos do lombo, a posterior é moito máis longa e máis inclinada cara a adiante.[4]

Polo menos en Borneo mais probablemente tamén noutros lugares, os adultos -como outros Athyma- xeralmente non se alimentan de prea ou froitas vellas para beber líquidos.[6]

  1. Khew Sin Khoon. A field guide to the Butterflies of Singapore. 
  2. R.K., Varshney; Smetacek, Peter (2015). A Synoptic Catalogue of the Butterflies of India. New Delhi: Butterfly Research Centre, Bhimtal & Indinov Publishing, New Delhi. p. 196. ISBN 978-81-929826-4-9. doi:10.13140/RG.2.1.3966.2164. 
  3. Markku Savela (9 de marzo de 2007). "Athyma". Lepidoptera and some other life forms. Consultado o 8 de setembro de 2007. 
  4. 4,0 4,1 Bingham, Charles Thomas (1905). Fauna of British India. Butterflies Vol. 1. pp. 304–307. 
  5. Moore, Frederic (1896–1899). Lepidoptera Indica. Vol. III. Londres: Lovell Reeve and Co. pp. 194–198. 
  6. K. C. Hamer; J. K. Hill; S. Benedick; N. Mustaffa; V. K. Chey; M. Maryati (2006). "Diversity and ecology of carrion- and fruit-feeding butterflies in Bornean rain forest". Journal of Tropical Ecology 22 (1): 25–33. doi:10.1017/S0266467405002750.