Augusto Barcia Trelles
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de marzo de 1881 A Veiga, España |
Morte | 19 de xuño de 1961 (80 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Deputado nas Cortes republicanas | |
Representa: Izquierda Republicana 22 de febreiro de 1936 – 2 de febreiro de 1939 Lexislatura: III lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Almería (en) | |
Deputado nas Cortes republicanas | |
Representa: Acción Republicana 30 de novembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936 Lexislatura: II lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Almería (en) | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político, xurista, diplomático, avogado |
Partido político | Partido Reformista |
Membro de | |
Familia | |
Irmáns | Camilo Barcia Trelles |
Premios | |
Augusto Barcia Trelles, nado na Veiga o 5 de marzo de 1881 e finado en Buenos Aires o 19 de xuño de 1961, foi un avogado, escritor e político republicano asturiano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Doutor en Dereito e avogado, era irmán de Camilo Barcia Trelles. Foi elixido deputado polo Partido Reformista de Melquíades Álvarez nas Cortes entre 1916 e 1923. Trala proclamación da Segunda República, afiliouse a Acción Republicana, o partido de Manuel Azaña, sendo deputado en 1933 e 1936, e presidente das Cortes en 1935.
Cofundador o 11 de febreiro de 1933 da Asociación de Amigos da Unión Soviética. Defendeu a Lluís Companys e demais membros do goberno da Generalitat de Cataluña pola súa participación na proclamación do Estado Catalán en outubro de 1934.
Logo da vitoria do Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936, foi nomeado Ministro de Estado nos sucesivos gobernos de Manuel Azaña, Santiago Casares Quiroga, Diego Martínez Barrio e José Giral, ademais de actuar por un breve período de dous días (entre o 11 e o 13 de maio de 1936) como presidente do goberno logo da dimisión de Manuel Azaña ao ser elixido presidente da República.
Foi o último presidente da Comisión de Compras de Armamento en París, cargo que abandonou ao saber da caída de Cataluña en mans franquistas, exiliándose en América. Actuou, despois do final da Guerra Civil, como Ministro de Facenda nos dous primeiros gobernos da República no exilio de José Giral.
Predecesor: Joaquín Urzáiz Cadaval |
Ministro de Estado 1936 |
Sucesor: Justino Azcárate |
Predecesor: Justino Azcárate |
Ministro de Estado 1936 |
Sucesor: Julio Álvarez del Vayo |
Predecesor: Manuel Azaña |
Presidente do Consello de Ministros de España 1936 |
Sucesor: Santiago Casares Quiroga |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Ministros da Segunda República Española
- Deputados nas Cortes da II República
- Exiliados do franquismo
- Nados na Veiga, Asturias
- Nados en 1881
- Finados en 1961
- Políticos de Acción Republicana
- Políticos do Partido Reformista
- Escritores en lingua castelá
- Escritores de España
- Ministros de Asuntos Exteriores de España