Saltar ao contido

Avelino Barbeito

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAvelino Barbeito
Biografía
Nacemento14 de xuño de 1849 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte9 de febreiro de 1914 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, tipógrafo Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
FillosMaría Barbeito Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1631481 BUSC: barbeito-y-hermosilla-avelino-1850-1914

Andrés Avelino Barbeito Hermosilla, nado na Coruña o 14 de xuño de 1849 finado na mesma cidade o 9 de febreiro de 1914,[1] foi un tipógrafo e poeta galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi secretario dos concellos de Pontedeume e Betanzos. Militou no Partido Republicano e foi un dos asinantes do Manifesto solidario de setembro de 1907, que promoveu o inicio de Solidaridad Gallega. Foi presidente da Asociación de Auxilios dos Dependentes de Comercio da Coruña. Publicou poemas en El Eco de Santiago, Santiago e outras revistas e xornais da época usando moitas veces o pseudónimo Noé Vila, anagrama do seu nome. É autor do libro de versos bilíngüe Nada (1906). Recibiu o premio da Academia de Montreal pola súa tradución da obra Magali de Frédéric Mistral e o do Ateneo de Trobadores de Tolosa pola vinculación á obra dos felibres.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con María Cerviño Vázquez e foi pai de María Barbeito Cerviño.

  1. El Noroeste, 10-2-1914, p. 3.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]