Bandeira de Bulgaria
Bandeira de Bulgaria | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 3:5 |
Adopción | 1879 (versión orixinal) 1991 (versión actual) |
Cores | Branco Verde Vermello |
A bandeira de Bulgaria (en búlgaro: знаме на България, zname na Balgariya) consta de tres franxas horizontais do mesmo tamaño en cores branca a superior, verde a central e vermella a inferior. O branco representa a paz, o verde representa a fertilidade das terras búlgaras e o vermello á coraxe do pobo.
A bandeira foi adoptada inicialmente o 16 de abril de 1879. Posteriormente, sufriu cambios menores, até a súa última modificación, que foi adoptada o 27 de novembro de 1990. Na actualidade, o deseño da bandeira búlgara e o seu protocolo están especificados no capítulo 2 da "Lei sobre o escudo e a bandeira nacional da República de Bulgaria", promulgada o 25 de maio de 1998.
Historia
[editar | editar a fonte]As primeiras bandeiras representando a Bulgaria remóntanse a inicios do século XIX, na época da dominación otomá. Ditas bandeiras utilizaban principalmente as cores do paneslavismo, movemento que defendía a unión dos pobos eslavos de Europa: branco, azul e vermello, imitando as cores da bandeira de Rusia. Cando Bulgaria logrou a súa independencia en 1878, foi adoptada a bandeira rusa, pero a franxa central foi substituída polo verde, como referencia ao desenvolvemento de Bulgaria como un país agrícola.
O Principado de Bulgaria (dende 1908 Reino de Bulgaria) usaba a bandeira e no cantón, un león rampante dourado sobre fondo vermello, representando á realeza. Cando se estableceu a República Popular de Bulgaria, o emblema monárquico foi substituído polo escudo de armas, o cal sufriu cambios menores en 1967 e 1971. Tras o fin do réxime comunista en 1990 foi eliminado o escudo de armas da bandeira, deixando unicamente as franxas.
Bandeiras históricas
[editar | editar a fonte]Outras bandeiras
[editar | editar a fonte]-
Bandeira de combate.
-
Pavillón de proa.
-
Bandeira da Garda Costeira.
-
Estandarte presidencial.
-
Ensea naval (1878-1944)
-
Ensea naval (1944-1955)
-
Ensea naval (1955-1990)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Bulgaria en Flags of the World (en inglés)
- Lei sobre o escudo e a bandeira nacional da República de Bulgaria Arquivado 04 de xuño de 2010 en Wayback Machine.