Bandeira de Sark
Aparencia
Bandeira de Sark | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 3:5 |
Adopción | 1938 |
Cores | Branco Vermello Amarelo |
A bandeira de Sark é un dos símbolos da illa de Sark. Componse dun fondo branco coa cruz de San Xurxo vermella e un cantón vermello que contén os dous leóns amarelos (ou en termos heráldicos "leopardos") da bandeira de Normandía. A diferenza dos clásicos estandartes brancos, os leóns da bandeira de Sark sobresaen fóra do cantón e desbordan a cruz vermella.[1][2]
Foi deseñada por Herbert Pitt en 1938 e foi adoptada ese mesmo ano como estandarte persoal do Señor de Sark antes de converterse na bandeira da illa en 1987.[3] O cantón é semellante ás armas de Normandía, da que historicamente forman parte as Illas da Canle.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The Flag of Sark". BBC news Guernsey. 2008-04-03.
- ↑ "Flag of Sark". Flag Institute.
- ↑ "Bailiwick of Guernsey, Channel Islands".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Bandeira de Sark en Flags of the World (en inglés)