Before Sunrise
Before Sunrise | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Before Sunrise |
Director | Richard Linklater |
Produtor | Anne Walker-McBay |
Guión | Richard Linklater Kim Krizan |
Intérpretes | |
Música | Fred Frith[1] |
Fotografía | Lee Daniel |
Montaxe | Sandra Adair |
Estudio | Castle Rock Entertainment |
Distribuidora | Columbia Pictures |
Estrea | Sundance: 19 de xaneiro de 1995 27 de xaneiro de 1995 |
Duración | 101 minutos[2] |
Orixe | Estados Unidos Austria[3] |
Xénero | Comedia romántica |
Orzamento | 2,5 millóns de dólares[4] |
Recadación | 5,5 millóns de dólares[4] |
Na rede | |
http://wip.warnerbros.com/beforesunset/ | |
Before Sunrise é un filme estadounidense de 1995 dirixido por Richard Linklater e escrito por Linklater e Kim Krizan. É a primeira entrega da triloxía Before, e conta a historia de Jesse (Ethan Hawke) e Céline (Julie Delpy) que se encontran nun Eurail con destino a Viena, onde pasan a noite xuntos. Gañou o premio á mellor dirección no Festival Internacional de Cinema de Berlín. As súas secuelas son Before Sunset (2004) e Before Midnight (2013).
Sinopse
[editar | editar a fonte]Céline (Julie Delpy) é unha estudante francesa que vén de visitar a súa avoa en Budapest. Jesse (Ethan Hawke) é un mozo estadounidense que realiza unha viaxe a través de Europa despois de ser abandonado pola súa noiva, a quen fora a visitar a Madrid.
Céline e Jesse atópanse nun tren, no traxecto entre Budapest e Viena. Chegados a Viena, Jesse debe baixar e logra convencer a Céline para que pase unha noite con el na capital austríaca. No curso desa noite coñécense a fondo, discuten e revelan cuestións diversas como a vida, a morte, o amor e o sexo. Visitan moitos lugares de Viena mentres conversan, e ao día seguinte deben separarse. Pero no último momento, mentres Céline se apresta a abordar o tren, deciden reencontrarse no mesmo lugar (a estación de Viena), á mesma hora, seis meses máis tarde sen pasarse ningún dato de contacto.
Elenco
[editar | editar a fonte]- Ethan Hawke como Jesse
- Julie Delpy como Céline
- Andrea Eckert como esposa no tren
- Hanno Pöschl como marido no tren
- Karl Bruckschwaiger como mozo na ponte
- Tex Rubinowitz como mozo na ponte
- Erni Mangold como muller que le as mans
- Dominik Castell como poeta na rúa
- Haymon Maria Buttinger como camareiro no bar
- Bilge Jeschim como bailarina da danza do ventre
- Adam Goldberg (sen acreditar) como home durmindo no tren
Premios e candidaturas
[editar | editar a fonte]- Oso de Prata do Festival Internacional de Cinema de Berlín ao mellor director.
- Candidata ao Oso de Ouro do Festival Internacional de Cine de Berlín.
- Candidata ao mellor bico nos MTV Movie Awards.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Before Sunrise: Production Credits". Movies & TV Dept. The New York Times. 2010. Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 2013. Consultado o 5 de xuño de 2013.
- ↑ "BEFORE SUNRISE". British Board of Film Classification. 10 de marzo de 1995. Consultado o 23 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Before Sunrise". AFI Catalog of Feature Films. Consultado o 23 de xaneiro de 2020.
- ↑ 4,0 4,1 "Before Sunrise". Box Office Mojo. Arquivado dende o orixinal o 3 de marzo de 2009. Consultado o 11 de febreiro de 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Before Sunrise na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en Metacritic (en inglés)
- Filmes de 1995
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes en lingua alemá
- Filmes en lingua francesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes de Austria
- Filmes dirixidos por Richard Linklater
- Filmes de Castle Rock Entertainment
- Filmes rodados en Austria
- Filmes rodados en Francia
- Filmes rodados en Viena
- Filmes ambientados en 1994
- Filmes ambientados en Viena