Saltar ao contido

Bicicleta de estrada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bicicleta de estrada.

Unha bicicleta de estrada ou de carreiras é un tipo de bicicleta especialmente deseñado para o seu uso sobre pavimento liso.

Características

[editar | editar a fonte]
Bicicleta con rodas lenticulares para uso en pista.

O deseño das bicicletas de estrada proporciónalles un peso menor do habitual. A xeometría dos cadros e o uso de guiadores de perfil caído determinan unha postura de pedaleo co torso entre 30º e 45º coa horizontal, especialmente axeitada para os recorridos longos sobre asfalto. A postura das mans obriga a levar os brazos e os cóbados nunha posición pouco forzada, apta para percorridos longos sen fatiga.

As bicicletas de estrada adoitan ter entre 14 e 16 velocidades. Esta relación e o talle das rodas, que normalmente son de 28", fana apta para desenvolver grandes velocidades. Os pneumáticos estreitos e as cubertas con pouco relevo proporcionan unha rodadura máis lixeira pero tamén menos segura, especialmente sobre pavimentos húmidos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]