Biography
Biography | |
---|---|
Formato | Serie documental |
Duración | 60-120 minutos |
Cadea | A&E The Biography Channel |
Día da estrea | 6 de abril de 1987 |
Na rede
| |
http://www.biography.com/biography-tv-show/index.jsp | |
Biography é unha serie documental de que comezou a emitirse en 1987.
Desenvolvemento
[editar | editar a fonte]Biography baséase nunha serie homónima que se emitiu en sindicación de 1961 a 1963 producida por David L. Wolper e presentada por Mike Wallace, a A&E Network reemitiu máis tarde a serie e comezou a producir a súa propia serie documental sobre biografías en 1987 co mesmo nome, na serie mestúranse técnicas propias dos noticieiros con outras dos dramas da televisión e co estilo dos programas de non ficción da PBS pero dun xeito convencional e melodramático [1]. O primeiro episodio estivo dedicado a Buster Keaton, convivindo en episodios posteriores grandes personaxes históricas como Abraham Lincoln ou Calígula, de ficción como Superman ou Santa Claus, líderes políticos, sociais ou relixiosos da actualidade como Xoán Paulo II, empresarios como Arthur Blank, xente da industria do entretemento como Elvis Presley ou Gene Tierne ou personaxes populares como Britney Spears, o que provocou algunhas críticas[2]. En 1999 A&E dediciu crear unha canle especializada en biografías, The Biography Channel, en agosto de 2006 A&E deixou de emitir Biography, emitíndose os episodios novos exclusivamente en The Biography Channel.[3], aínda que segue a emitir capítulos vellos os domingos pola mañá.[4]. Os presentadores da serie foron Peter Graves, Jack Perkins e Harry Smith, e desde 2003 é a voz de Neil Ross a que presenta a serie.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gary R. Edgerton e Peter C. Rollins Television Histories: Shaping Collective Memory in the Media Age, p.2
- ↑ ""What Your Kids are Discovering on Discovery Channel". Parents Television Council. Consultado o 8 de decembro de 2010". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2007. Consultado o 08 de decembro de 2010.
- ↑ Dempsey, John. "'Biography' rewrite" - Variety - 4 de xuño de 2006
- ↑ Schedule search for "Biography" airings Arquivado 26 de maio de 2011 en Wayback Machine. - A&E