Saltar ao contido

Bioloxía dos sistemas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Bioloxía de sistemas»)

Bioloxía dos sistemas, bioloxía de sistemas ou bioloxía sistémica é o termo empregado para describir un conxunto de correntes na investigación das biociencias e un movemento orixinario destas correntes. Os seus propoñentes describen a bioloxía dos sistemas como un campo de investigación interdisciplinar baseado na bioloxía, que se centra nas interaccións complexas dos sistemas biolóxicos. Segundo os seus propoñentes, a bioloxía dos sistemas utiliza unha perspectiva holística, en contrapunto a unha perspectiva reducionista. En particular, a partir do ano 2000 o termo foi moi utilizado nas biociencias e nunha variedade de contextos. A bioloxía dos sistemas pretrende a modelaxe e descuberta de propiedades emerxentes, propiedades dun sistema cuxa descrición teórica só se fai posíbel grazas a técnicas usadas case exclusivamente na bioloxía dos sistemas.

Panorámica xeral

[editar | editar a fonte]

A bioloxía dos sistemas pode considerarse a partir dunha variedade de aspectos:

"A abordaxe reducionista identificou con éxito a maioría dos compoñentes e moitas interaccións mais, desafortunadamente, non ofrece ningún concepto ou método convincente para entender como emerxen as propiedades de determinado sistema (...) a multiplicidade de causas e efectos nos conxuntos de redes biolóxicas trátase mellor por medio da observación simultánea, por métodos cuantitativos, dos múltiplos compoñentes e por unha integración rigorosa dos datos científicos cos modelos matemáticos" Science[3]
"A bioloxía dos sistemas(...) trata de xuntar e non de descompor, da integración e non da redución. Require que desenvolvamos maneiras de pensar acerca da integración que sexan tan rigorosas coma os nosos programas reducionistas, só que diferentes(...) Iso significa mudar a nosa filosofía, en todo o sentido do termo"'Denis Noble[4]
  • Como unha serie de protocolos operacionais usados para a realización de investigacións (incluíndo a compoñente práctica de laboratorio). Estes protocolos inclúen un ciclo composto de teoría, modelaxe analítica ou computacional para propor hipóteses específicas testábeis, validación experimental e utilización da recentemente adquirida descrición cuantitativa para refinar a teoría ou modelo computacionais.[5][6] Dado que o obxectivo é un modelo das interaccións dun sistema, as técnicas experimentais que mellor serven á Bioloxía dos Sistemas son aqueles que se estenden aos sistemas e tentan ser tan completos como sexa posíbel. Deste modo, empréganse a transcritómica, metabolómica e proteómica e técnicas con elevada capacidade procesiva para recoller datos cuantitativos para a construción e validación dos modelos.
  • Como aplicación da teoría dos sistemas dinámicos á bioloxía molecular.
  • Como fenómeno socio-científico definido pola estratexia de integrar datos complexos de interaccións en sistemas biolóxicos a partir de varias fontes experimentais, utilizando para tal ferramentas e persoal interdisciplinares.

Esta variedade de puntos de vista ilustra o feito de que a Bioloxía dos Sistemas se refire a un agregado de conceptos marxinalmente sobrepoñíbeis e non a un único campo claramente explicitado. Con todo, o termo adquiriu gran popularidade a partir de 2007, co desenvolvemento de cátedras e institutos de Bioloxía dos Sistemas por todo o mundo.

A bioloxía dos sistemas ten raíces nos seguintes campos:

Un dos teóricos precursores da bioloxía dos sistemas foi Ludwig von Bertalanffy coa teoría xeral dos sistemas [7]. Unha das primeiras simulacións numéricas en bioloxía publicouse en 1952 polos neurofisiólogos británicos Alan Lloyd Hodgkin e Andrew Fielding Huxley, que construíran un modelo matemático que describía e xustificaba o potencial de acción que se propaga ao longo do axón dunha célula neuronal.[8] O seu modelo describía unha función celular que emerxía da interacción entre dous compoñentes moleculares distintos, canles de sodio e de potasio, e pode ser vista como o comezo da Bioloxía de Sistemas computacional.[9] In 1960, Denis Noble developed the first computer model of the heart pacemaker.[10]

O estudo formal da bioloxía dos sistemas como disciplina distinta foi lanzado polo teórico de sistemas Mihajlo Mesarovic en 1966 durante un simposio internacional no Case Institute of Technology en Cleveland, Ohio intitulado "Systems Theory and Biology."[11][12]

As décadas de 1960 e 1970 viran o desenvolvemento de varias abordaxes para estudar sistemas moleculares complexos, tales como a Análise de Control Metabólico e a teoría de sistemas bioquímicos. Os éxitos da bioloxía molecular ao longo da década de 1980, conxuntamente co escepticismo en relación á bioloxía teórica que frecuentemente presentaba fallas nas súas previsións, levou a que a modelaxe cuantitativa de procesos biolóxicos fose vista con desconfianza e se tornase nun campo limitado de investigación.

Porén, o nacemento da xenómica funcional nos anos 1990 posibilitou a xeración de enormes cantidades de datos fiábeis, acoplados ao poder crecente e xigantesco da computación. En consecuencia, fíxose finalmente posíbel traballar con modelos realistas de sistemas biolóxicos. En 1997, o grupo de Masaru Tomita publicou o primeiro modelo cuantitativo do metabolismo de toda unha célula hipotética.

A redor do ano 2000, despois de que os Institutos de Bioloxía dos Sistemas se tivesen establecido en Seattle e Toquio, a bioloxía dos sistemas xurdiu como ramo independente, impulsado pola finalización de varios proxectos xenómicos, polo aumento exponencial de datos ómicos (por exemplo da xenómica e proteómica) e polo éxito paralelo de técnicas de elevada procesividade e de bioinformática. Dende entón, xurdiron varios institutos de investigación dedicados á Bioloxía dos Sistemas. Dende o verán de 2006, debido á escaseza de persoal competente na área da Bioloxía dos Sistemas[13] estableceranse diversos centros formadores en Bioloxía dos Sistemas en varias partes do mundo.

Disciplinas asociadas á bioloxía dos sistemas

[editar | editar a fonte]
Panorámica das vías de transdución de sinais

Podemos ver a bioloxía dos sistemas como a capacidade para obter, integrar e analizar datos complexos a partir de diversas fontes experimentais usando para tal ferramentas interdisciplinares. Algunhas plataformas tecnolóxicas comúns inclúen:

Alén da identificación e cuantificación das moléculas mencionadas anteriormente, existen outras técnicas que permiten a análise do dinamismo celular e das interaccións que ocorren dentro da célula. Estas técnicas inclúen:

  • Interactómica: o estudo das interaccións entre moléculas. Neste momento o campo de investigación oficial denominase estudo das interaccións proteína-proteína (inglés: protein-protein interactions, PPI). O estudo das PPI pode incluír aspectos doutras disciplinas moleculares, tales como:
  • Fluxómica: a medición das alteracións moleculares dinámicas ao longo do tempo.
  • Biómica: análise sistémica do bioma.

As investigacións combínanse frecuentemente con métodos de perturbación a grande escala, incluíndo abordaxes do tipo químico ou xenético (por exemplo: RNAi, expresión anormal de xenes salvaxes ou mutantes) por medio de bibliotecas (coleccións) de substancias. Robots e sensores automáticos posibilitan a experimentación e adquisición de datos a tan larga escala. Estas tecnoloxías son aínda emerxentes e debátense cos problemas xerados pola enorme cantidade de datos producidos e unha relativa baixa calidade. Un número razoabelmente elevado de científicos cuantitativos (por exemplo: científicos e biólogos computacionais, estatísticos, matemáticos, enxeñeiros e físicos) procuran mellorar a calidade destas abordaxes e crear, refinar e retestar os modelos que reflicten máis rigorosamente determinadas observacións.

A abordaxe da bioloxía dos sistemas envolve frecuentemente o desenvolvemento de modelos mecanísticos, tales como a reconstrución de sistemas dinámicos a partir das propiedades cuantitativas dos seus elementos básicos.[14][15]

Por exemplo, unha rede celular pode ser modelada matematicamente por métodos do foro da cinética química e da teoría do control. Debido ao gran número de parámetros, variábeis e factores limitantes presentes en redes celulares, utilízanse moitas veces técnicas numéricas e computacionais. Ademais disto, utilízanse aínda outros aspectos da ciencia dos computadores e da informática na Bioloxía dos Sistemas, tales como:

  • cálculos de proceso para crear modelos de procesos biolóxicos
  • integración da información existente na literatura científica
  • uso de técnicas de extracción de información e minaría de textos
  • desenvolvemento da bases de datos online e repositorios para partillar dados e modelos
  • abordaxes para integración de bases de datos e integración de interoperabilidade de programas de computador
  • desenvolvemento de modos sintáctica e semanticamente racionais de representar un determinado modelo biolóxico
  1. Snoep J.L. and Westerhoff H.V.; Alberghina L. and Westerhoff H.V. (Eds.) (2005). From isolation to integration, a systems biology approach for building the Silicon Cell (in Systems Biology: Definitions and Perspectives). Springer-Verlag. p. 7. 
  2. "Systems Biology — the 21st Century Science". Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2010. Consultado o 29 de agosto de 2010. 
  3. Sauer, U.; et al. (27 April 2007). "Getting Closer to the Whole Picture". Science 316: 550. PMID 17463274. doi:10.1126/science.1142502. 
  4. Denis Noble (2006). The Music of Life: Biology beyond the genome. Oxford University Press. ISBN 978-0199295739.  p21
  5. "Systems Biology: Modelling, Simulation and Experimental Validation". Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2010. Consultado o 29 de agosto de 2010. 
  6. Kholodenko B.N., Bruggeman F.J., Sauro H.M.; Alberghina L. and Westerhoff H.V.(Eds.) (2005). Mechanistic and modular approaches to modeling and inference of cellular regulatory networks (in Systems Biology: Definitions and Perspectives). Springer-Verlag. p. 143. 
  7. von Bertalanffy, Ludwig (1968). General System theory: Foundations, Development, Applications. George Braziller. ISBN 0807604534. 
  8. Hodgkin AL, Huxley AF (1952). "A quantitative description of membrane current and its application to conduction and excitation in nerve". J Physiol 117 (4): 500–544. PMC 1392413. PMID 12991237. 
  9. Le Novère, N (2007). "The long journey to a Systems Biology of neuronal function". BMC Systems Biology 1: 28. PMC 1904462. PMID 17567903. doi:10.1186/1752-0509-1-28. 
  10. Noble D (1960). "Cardiac action and pacemaker potentials based on the Hodgkin-Huxley equations". Nature 188: 495–497. PMID 13729365. doi:10.1038/188495b0. 
  11. Mesarovic, M. D. (1968). Systems Theory and Biology. Springer-Verlag. 
  12. "A Means Toward a New Holism". Science 161 (3836): 34–35. doi:10.1126/science.161.3836.34. 
  13. "Working the Systems". Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2010. Consultado o 29 de agosto de 2010. 
  14. Gardner, TS; di Bernardo D, Lorenz D and Collins JJ (4 July 2003). "Inferring genetic networks and identifying compound of action via expression profiling". Science 301: 102–1005. PMID 12843395. doi:10.1126/science.1081900. 
  15. di Bernardo, D; Thompson MJ, Gardner TS, Chobot SE, Eastwood EL, Wojtovich AP, Elliot SJ, Schaus SE and Collins JJ (2005). "Chemogenomic profiling on a genome-wide scale using reverse-engineered gene networks". Nature Biotechnology 23: 377–383. PMID 15765094. doi:10.1038/nbt1075. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]