Saltar ao contido

Brais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Brais nunha vidreira.
Brais de Sebaste par Hans Memling, 1491. Situado anteriormente na Catedral de Lübeck, agora no Museo de St. Annen en Lübeck, Alemaña.

Brais[1][2] é un nome propio masculino galego. A súa orixe é o latín Blasius, que á súa vez provén de blaesus que quere dicir 'o que tatexa ou gaguexa', 'tatexo'. En galego tamén ten a vairante Bras.[2]

En xaneiro de 2023 existían 5.814 varóns en Galicia co nome Brais, cunha media de idade de 18,5 anos.[3] Non hai persoas rexistradas coa variante Bras.

Brais (Bras) foi un nome común en Galiza, San Brais é padroeiro de dúas parroquias, mais é moi venerado. A variante galega do nome foi moi empregada na antigüidade, sendo aos poucos substituída no século XX pola forma castelá Blas. Martín Sarmiento fala do nome Brais (Bras dô Montecelo): Brais, de Blasius, entre los rústicos se usa Bràs.[4] Hoxe en día a variante galega do nome volveuse nun dos nomes máis populares de Galiza novamente, sendo un dos nomes máis populares entre os nenos varóns. Tamén ten certo uso nas zonas galegofalantes de fóra de Galicia, e así hai 30 Brais en Asturias[5] e 28 en León.[6]

Onomástica

[editar | editar a fonte]
  • 3 de febreiro: San Brais, venerado en occidente, importante en Galiza sendo patrón de dúas parroquias. San Brais era médico e foi coñecido porque retirou coa man unha espiña da gorxa dun neno; por ese motivo é padroeiro das doenzas da gorxa. Foi capturado polos romanos e decapitado no ano 316, sendo enterrado na cidade de Sebaste, Armenia (actual Sivas, Turquía).
[editar | editar a fonte]
  • Xa te entendo, Bras, significa que un alcanza a intención doutro[7].

Refraneiro

[editar | editar a fonte]
  • Ai Bras, que tanto dis que me queres e tanto sofrir me fas!
  • Bras, lávate e comerás: dispois de lavado, non comerás bocado.
  • Ende chegando o San Bras pon pan e viño na alforxa, que día non faltará.
  • Mira, Bras, por onde vas, e coida ben o que fas.
  • San Bras da Barca que afoga e non mata.
  • Se te lavas, Bras, a rèla quitarás e limpo quedarás.
  • Polo San Brais, teñen os días dúas horas máis[7].
  • Polo San Brais hora e media máis e se ben contaras dúas encontraras.
  • Vamos mozas a San Brais, que festas non quedan máis[8].

Variantes noutras linguas

[editar | editar a fonte]
Variantes noutras linguas
Lingua castelá Blas
Lingua alemá Blasius
Lingua bretoa Bleaz
Lingua catalá Blai
Lingua checa Blažej
Lingua corsa Biasgiu
Lingua croata Blaž
Lingua dinamarquesa Blasius
Lingua éuscara Balas, Balasi
Lingua finesa Blasius
Lingua francesa Blaise
Lingua galega Brais
Lingua grega Βλάσιος (Blasios)
Lingua neerlandesa Blasius
Lingua húngara Balázs
Lingua inglesa Blaise
Lingua islandesa Blasíus
Lingua italiana Biagio
Lingua latina Blasius
Lingua lituana Blažiejus
Lingua norueguesa Blasius
Lingua polonesa Błażej
Lingua portuguesa Brás
Lingua romanesa Blasiu
Lingua rusa Власий (Vlasij)
Lingua serbia Власије (Vlasije)
Lingua sueca Blasius
Lingua turca Vlas

Persoeiros

[editar | editar a fonte]
  • Brais de Sebaste (San Brais), foi un mártir, bispo e santo católico que viviu entre os séculos III e IV na Armenia.

Outros artistas e escritores

[editar | editar a fonte]

Científicos e investigadores

[editar | editar a fonte]

Deportistas

[editar | editar a fonte]

Políticos

[editar | editar a fonte]

Personaxes de ficción

[editar | editar a fonte]
  1. Xunta de Galicia (ed.). "Ímoslle chamar..." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017. 
  2. 2,0 2,1 Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega.
  3. Nome Brais na Web do Intituto Galego de Estatística
  4. Martin Sarmiento (1746-1770): Colección de voces y frases de la lengua gallega, ed. de J. L. Pensado Tomé (U. de Salamanca, 1970)
  5. "Los nombres más frecuentes de la población de Asturia". SADEI. 
  6. "Frecuencias de nombres". INE. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2017. Consultado o 04 de febreiro de 2022. 
  7. 7,0 7,1 Eladio Rodríguez González (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo
  8. Eligio Rivas Quintas (1988): Frampas, contribución al diccionario gallego, Alvarellos, Lugo

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Yáñez Solana, Manuel (1995). El gran libro de los Nombres. M. E. Editores, Madrid. ISBN 84-495-0232-2. 
  • Montes Vicente, José María (2001). El libro de los Santos. Alianza, Madrid. ISBN 84-206-7203-3.