Brais Abelenda
Brais Abelenda | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Brais Abelenda Negreira | ||
Nacemento | 27 de outubro de 1995 | ||
Lugar de nacemento | Bembibre | ||
Altura | 1,77 m. | ||
Posición | Dianteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | Ponferradina | ||
Número | 18 | ||
Carreira xuvenil | |||
2001–2007 | Dubra | ||
2007–2008 | Conxo | ||
2008–2013 | Santiago de Compostela | ||
2013–2014 | Levante | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2014–2018 | Racing de Ferrol | 46 | (1) |
2014–2015 | → Cerceda | 17 | (2) |
2015–2016 | → Galicia de Mugardos | 38 | (9) |
2018–2021 | Compostela | 88 | (30) |
2021–2023 | Pontevedra | 64 | (20) |
2023– | Ponferradina | 10 | (3) |
Selección nacional | |||
2019–2020 | Galicia afeccionados | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 6 de novembro de 2023. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Brais Abelenda Negreira, nado en Bembibre, Val do Dubra, o 27 de outubro de 1995, é un futbolista galego que xoga como dianteiro na Ponferradina, da Primeira División RFEF.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a xogar ao fútbol no seu Bembibre natal, xunto aos seus veciños e futuros compañeiros de equipo Samu e Roberto Baleato.[1] Os tres xogaron dende pequenos no Dubra, onde axiña empezaron a destacar. Tras pasar polas categorías inferiores do Conxo, Brais ingresou na canteira do Santiago de Compostela e no seu segundo ano como infantil asinou 42 goles e 53 asistencias.[2] Na súa primeira campaña como xuvenil marcou 24 goles e repartiu 25 asistencias na Liga Nacional, militando a tempada seguinte na División de Honra.[3] Militou cinco anos no Santiago e o seu rendemento chamou a atención do Levante, que o firmou para o seu equipo xuvenil na 2014/15.[4] Alí rematou na segunda posición o campionato da División de Honra, só por detrás do Valencia.[2]
Ao remate da súa etapa como xuvenil foi fichado polo Racing de Ferrol.[5] Debutou co equipo verde na Segunda División B na primeira xornada da tempada 2014/15, fronte ao Langreo en Ganzábal, onde o adestrador Manolo García lle deu entrada nos minutos finais como substituto do histórico Pablo Rey.[6] Participou só noutro encontro co Racing esa tempada, antes de saír cedido en decembro ao Cerceda, da Terceira División, co que acabou disputando a promoción de ascenso.
Para a campaña 2015/16 volveu marchar cedido, desta vez ao Galicia de Mugardos, tamén de Terceira, onde se converteu nunha importante peza do ataque, disputando 38 partidos e anotando 9 goles. Entre 2016 e 2018 xogou co Racing en Segunda B, disputando 46 partidos nos que marcou un gol, e sufrindo o descenso a Terceira.
En 2018 fichou polo Compostela, tamén de Terceira, onde se reencontrou con Samu e máis tarde tamén con Baleato. Marcou 26 goles nas súas dúas primeiras tempadas no equipo de Yago Iglesias e foi a referencia ofensiva do conxunto compostelanista que conseguiu o ascenso na tempada 2019/20 tras proclamarse campión do seu grupo.[7] Militou un terceiro ano no Compostela, sendo titular en tódolos partidos e conseguindo cinco goles.
En 2021 converteuse en novo xogador do Pontevedra, da Segunda División RFEF. Titular indiscutible para o adestrador Ángel Rodríguez, na primeira das súas dúas campañas como granate formou un prolífico tridente xunto a Charles e Rufo, sumando 42 goles entre os tres, 10 deles obra de Brais Abelenda. O equipo proclamouse campión do Grupo I e logrou o ascenso directo á Primeira División RFEF.[8] Mantivo as súas cifras goleadoras na seguinte campaña, xa na categoría de bronce, pero o equipo non conseguiu salvar a categoría.[9]
Na tempada 2023/24 fichou pola Ponferradina, equipo que viña de descender dende a Segunda División.[9]
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Compostela
- Terceira División (1): 2019/20.
- Pontevedra
- Segunda División RFEF (1): 2021/22.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nogueira Casás, Xaime (20 de xaneiro de 2022). "Brais Abelenda, fronte á súa infancia". Diario de Pontevedra. Consultado o 7 de novembro de 2023.
- ↑ 2,0 2,1 Antón, Rafa (30 de xuño de 2014). "Brais Abelenda llega al Racing de Ferrol procedente del Levante juvenil" (en castelán). Consultado o 7 de novembro de 2023.
- ↑ "De A Pedreira al Ramón de Carranza". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de maio de 2016. Consultado o 7 de novembro de 2023.
- ↑ "ENTREVISTA A BRAIS ABELENDA: “Que trabajen duro día a día sin renunciar a sus sueños e intentar dar lo máximo de si mismos sin dejar de disfrutar y divertirse”" (en castelán). 24 de setembro de 2014. Consultado o 7 de novembro de 2023.
- ↑ "El Racing incorpora a Brais Abelenda, que llega de los juveniles del Levante". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de xullo de 2014. Consultado o 7 de novembro de 2023.
- ↑ "Buenas sensaciones, pero empate a nada, en el debut del Racing de Ferrol en Langreo" (en castelán). 24 de agosto de 2014. Consultado o 7 de novembro de 2023.
- ↑ Calvo, Naso (4 de agosto de 2020). "Pato Guillén fue el único jugador del Compos que disputó todos los minutos". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 7 de novembro de 2023.
- ↑ Conde, Carla (6 de abril de 2022). "Charles, Rufo e Brais Abelenda: o tridente de ouro do Pontevedra". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 7 de novembro de 2023.
- ↑ 9,0 9,1 Otero, Francisco (2 de xullo de 2023). "Brais Abelenda, primer refuerzo" (en castelán). Consultado o 7 de novembro de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en LaPreferente.com (en castelán).