Saltar ao contido

Call of Duty: Modern Warfare 2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Call of Duty: Modern Warfare 2
Desenvolvedor(es)Infinity Ward e Aspyr
Distribuidora(s)Activision e Square Enix
Compositor(es)Hans Zimmer
Lanzamento10 de novembro de 2009, 11 de novembro de 2009, 10 de decembro de 2009 e 23 de decembro de 2009
Xénerovideoxogo de disparos en primeira persoa
Modos de xogovideoxogo multixogador, videoxogo para un xogador e modo cooperativo
Clasificación PEGI 18 e PEGI 16
CERO
USK
Plataforma(s)Xbox 360, PlayStation 3, Microsoft Windows e macOS
Na rede
http://www.modernwarfare2.com/
IMDB: tt1450746 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Call of Duty: Modern Warfare 2, tamén denominado Modern Wafare 2 é un videoxogo pertencente á serie Call of Duty. Programado por Infinity Ward e distribuído por Activision, foi lanzado en novembro de 2009 para PC Windows, Xbox 360 e Playstation 3. Segue a liña argumental iniciada por Call of Duty 4: Modern Warfare.

Argumento

[editar | editar a fonte]

Continúa a historia de Call of Duty 4: Modern Warfare, xogo co que comparte numerosas personaxes. A acción comeza en Afganistán, onde as forzas especiais estadounidenses e británicas combaten contra insurxentes. A partir de entón, sucédense varios actos terroristas por Europa, instigados polas forzas ultranacionalistas rusas.

Estilo de xogo

[editar | editar a fonte]

Segue a liña dos seus predecesores, un FPS (first person shooter), con modo campaña para un xogador, e con varias personaxes máis controladas pola máquina. Tamén contén un modo multixogador en liña e unha serie de misións especiais a modo de extra. O armamento presentado é real, incluíndo rifles de asalto, escopetas, pistolas e granadas. Non obstante, varios críticos afirmaron del que era demasiado parecido a Call of Duty 4: Modern Warfare, tamén programado por Infinity Ward [1][2].

Recepción e crítica

[editar | editar a fonte]

O xogo contou dende o principio cunha grande expectación. Modern Warfare 2 obtivo moi boas cualificacións que acadaron segundo Metacritic un 94 en PS3 [3], un 94 en Xbox 360 [4] e un 86 en PC [5].

Rapidamente, Modern Warfare 2 converteuse nun dos videoxogos máis rapidamente vendidos da historia, acadando as 7 millóns de copias nun só día[6]. A versión de Xbox 360 foi a máis vendida, superando os 10 millóns de exemplares [7]. A versión de PS3 vendeu aproximadamente 7 millóns de copias [8].

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2010. Consultado o 22 de marzo de 2010. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2010. Consultado o 22 de marzo de 2010. 
  3. http://www.metacritic.com/games/platforms/ps3/modernwarfare2
  4. http://www.metacritic.com/games/platforms/xbox360/modernwarfare2
  5. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2010. Consultado o 22 de marzo de 2010. 
  6. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2010. Consultado o 22 de marzo de 2010. 
  7. http://www.vgchartz.com/games/game.php?id=28848
  8. http://www.vgchartz.com/games/game.php?id=28847