Calvario (monumento)
Un calvario é un conxunto de tres cruceiros ou cruces, na que no cruceiro central adoita estar a imaxe de Cristo, e nas cruces laterais represéntase a figura dos dous ladróns que foron crucificados canda el.[1]
Localización, estrutura e iconografía
[editar | editar a fonte]Os calvarios adoitan estar situados normalmente nun lugar alto (Calvario ou Gólgota é o nome que recibe o monte as aforas de Xerusalén onde tivo lugar a crucifixión de Xesús).[2]
Case tódolos calvarios son sinxelos, cun cruceiro central coa imaxe de Cristo e os laterais simples cruces. Porén, algúns son calvarios completos, cun cruceiro central coa imaxe de Cristo e dous cruceiros laterais coa imaxe dos ladróns, coñecidos respectivamente como bo e mal ladrón, Dimas e Xestas.[3][4]
Os calvarios inclusive poden formar parte dun conxunto máis amplo de cruceiros e cruces, chamado viacrucis.
Conservación e protección
[editar | editar a fonte]Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español. Así mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Calvarios". cruceirosdegalicia.xyz. Consultado o 2024-10-29.
- ↑ "Monte Calvario - Enciclopedia Católica". ec.aciprensa.com. Consultado o 2024-10-29.
- ↑ Nós Televisión (2023-07-08). "As testemuñas silenciosas, un documental sobre cruceiros galegos". Consultado o 2024-10-29.
- ↑ "Calvario de Barbudo". Patrimonio Galego. Consultado o 2024-10-30.
- ↑ "Patrimonio Galego | O Catálogo Social do Patrimonio Cultural Galego". Consultado o 2024-10-29.