Canle bicipital umeral
Aparencia
Canle bicipital umeral | ||
---|---|---|
Epífise superior umeral | ||
Gray | tema #51 209 |
A canle bicipital do úmero é unha canle ósea da epífise proximal do úmero, situada entre o troquíter umeral e o troquino. Pola canle discorre o tendón da porción longa do músculo bíceps braquial. O seu traxecto é oblicuo descendente cara a fóra, para rematar no terzo medio do úmero. Tamén permite o paso dunha póla da arteria circunflexa umeral anterior que abastece a articulación glenoumeral.
Constitúe a parede lateral da axila. A canle está tapizada polo ligamento de Gordon-Brodie
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.