Saltar ao contido

Cantón de Schaffhausen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCantón de Schaffhausen
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 47°42′N 8°36′L / 47.7, 8.6
Estado federadoSuíza Editar o valor en Wikidata
CapitalSchaffhausen Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Bargen (pt) Traducir
Beggingen (pt) Traducir
Beringen (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata../... 26+
Poboación
Poboación81.991 (2018) Editar o valor en Wikidata (274,75 hab./km²)
Lingua oficiallingua alemá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie298,42 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude392 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoHagen (en) Traducir (912 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoRío Rin (344 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1501 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Organización política
Órgano lexislativoCantonal Council of Schaffhausen (en) Traducir , (Escano: 60) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2CH-SH Editar o valor en Wikidata
Código NUTSCH052 Editar o valor en Wikidata

Páxina websh.ch Editar o valor en Wikidata

O cantón de Schaffhausen, oficialmente en alemán Kanton Schaffhausen (en alemán suízo: Kanton Schafuuse, en francés: Canton de Schaffhouse, en italiano: Canton Sciaffusa, en romanche: Chantun Schaffusa), é o cantón máis setentrional de Suíza e atópase case na súa totalidade ao norte do río Rin. Malia que o seu único idioma oficial sexa o alemán, a lingua coloquial é o dialecto alemánico do alemán suízo oriental, o chamado Schaffhauserdeutsch. O cantón recibe o nome da súa capital e vila máis poboada, Schaffhausen.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Situado ao norte da Confederación Suíza, bordeando Alemaña e apenas enteiramente á beira dereita do Rin, o cantón componse de tres partes: a central, onde se atopa a capital cantonal, Schaffhausen, e que posúe no interior das súas fronteiras o enclave alemán de Büsingen am Hochrhein, a oriental, que contén as comunas de Stein am Rhein e Ramsen e a occidental, formada polas comunas de Buchberg e Rüdlingen. Linda cos cantóns de Zürich e de Turgovia.

O cantón de Schaffhausen culmina no Hagen, unha montaña da cordilleira de Randen, a 912 metros de altitude.[1] O punto máis baixo atópase ás beiras do Rin, en Buchberg, con 344 metros de altitude. Abrangue un territorio de 298,42 km2, o que o converte no sétimo cantón máis pequeno de Suíza.

  1. "Puntos culminantes dos cantóns suízos.". Office fédéral de la statistique. Consultado o 7 de decembro de 2021.