Capela Real de Granada
Capela Real de Granada | |
---|---|
Entrada á capela | |
País | España |
Advocación | Xoán Bautista e Xoán Evanxelista |
Localización | Granada, España |
Coordenadas | 37°10′34″N 3°35′57″O / 37.175986111111, -3.5990361111111 |
Culto | |
Culto | Católico |
Diocese | Arquidiocese de Granada |
Estilo | Arquitectura gótica e arquitectura do Renacemento |
Páxina web | http://www.capillarealgranada.com/index.en.html |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Capela Real de Granada é un templo relixioso situado no centro histórico da cidade de Granada. Nela atópanse soterrados os Reis Católicos, Xoana I de Castela e Filipe I de Castela.
Historia
[editar | editar a fonte]Os Reis Católicos escolleron coma lugar de soterramento a cidade de Granada, e mediante Real Cédula de data 13 de setembro de 1504, estableceron a construción da Capela Real. Comezou a construírse no ano 1505 por Enrique Egas en estilo gótico. Ademais interviñeron na súa construción Juan Gil de Hontañón, Juan de Badajoz el Viejo e Lorenzo Vázquez de Segovia.
Rematouse no 1517, consagrándose aos santos Xoán Bautista e Xoán Evanxelista. Ao longo dos anos dotouse de obras de arte, obxectos litúrxicos e reliquias. Perdeu certa importancia cando Filipe II decidiu que o lugar de soterramento da súa dinastía estivera no Escorial, a onde trasladou algúns dos restos.
O museo foi creado no ano 1913. Co desenvolvemento do turismo en España na segunda metade do século XX, converteuse nun dos centros de atracción turística da cidade de Granada.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Hans Memling: Díptico de Granada. Á esquerda: Aceptación da Cruz, c. 1475
-
Roger van der Weyden: Nacemento de Cristo, 1435-1438
-
Sandro Botticelli: Oración do horto
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Capela Real de Granada |