Saltar ao contido

Capela dos Scrovegni

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaCapela dos Scrovegni
(it) Cappella degli Scrovegni Editar o valor en Wikidata
Imaxe do interior
Imaxe
Tipocapela
museu religioso (pt) Traducir
museo de arte
museum of a public entity (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EpónimoScrovegni family (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Parte deMuseus cívicos de Pádua (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaPadua, Italia Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónPiazza Eremitani 8, I-35121 Padova Editar o valor en Wikidata
Mapa
 45°24′43″N 11°52′46″L / 45.411818, 11.879536
Composto por
Características
Dimensións18,5 (altura) × 8,5 (ancho) × 20,5 (lonxitude) m
Ben cultural de Italia
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
Data?
Historia
Data de creación ou fundación1305 Editar o valor en Wikidata
OcupanteMuseus cívicos de Pádua (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Usooratório cristão (pt) Traducir e mausoleo Editar o valor en Wikidata
Visitantes anuais9.387 (2020) Editar o valor en Wikidata
FundadorEnrico degli Scrovegni (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
PropietarioMuseus cívicos de Pádua (pt) Traducir e Scrovegni family (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Sitio webcappelladegliscrovegni.it Editar o valor en Wikidata

A Capela dos Scrovegni, en italiano Cappella degli Scrovegni, tamén coñecida como Cappela dell'Arena, é unha pequena igrexa de Padua, na rexión de Véneto en Italia. Contén un ciclo de frescos de Giotto, executado entre 1304-06, que é unha das obras mestras máis importantes da arte occidental do Trecento.

A igrexa linda cun mosteiro agostiño, o Monastero degli Eremitani. A capela e o mosteiro forman agora parte do conxunto dos Museos Cívicos de Padua.[1]

En 2021, os frescos da capela foron declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, como parte dun grupo de oito bens inscritos de Padua (Serie de frescos do século XIV de Padua).[2]

Unha réplica a escala 1:1 da Capela Scrovegni atópase en Xapón, no Museo de Artes de Otsuka.[3]

Denominación

[editar | editar a fonte]

Malia que o actual propietario da capela, a cidade de Padua, sempre se refire a ela como a Capela dos Scrovegni e ese é o nome máis común, tamén é coñecida por outras denominacións como son:

  • Cappella dell'Arena (Capela da Area). Este nome fai referencia ao lugar onde foi construído pois se ergue no espazo que contiña o antigo anfiteatro romano de Padua. Desa contrución só se conservou o muro de anel e a parte que coincidiu coa fachada cóncava do palazzo dos Scrovegni desapareceu con ese palacio.
  • Chiesa di Santa Maria dell'Annunziata ou simplemente Chiesa dell'Annunziata (Igrexa da Anunciación). Este foi o nome orixinal pois inicialmente estaba adicada á Anunciación de María.
  • Oratorio di Santa Maria della Caritá (ou Oratorio da Nosa Señora da Misericordia).[4]

Descrición do edificio

[editar | editar a fonte]

O edificio é moito máis grande do que suxire o nome de capela e foi construído en ladrillo. A planta consta dunha soa nave rectangular que se conecta co coro e mide 20,88 m de longo e 8,41 m de largo por 12,65 m de alto e está cuberta cunha bóveda de canón. O coro onde está o altar é case cadrado (4,49 × 4,31 m) e conta cunha ábsida pentagonal que prolonga o coro e se estreita na parte posterior por dous muros inclinados. Sobre a ábsida sobresae o campanario dunha modesta altura. A sancristía ábrese ao coro por unha porta.


Segundo o costume cristián, a capela sitúase de xeito que o coro estea orientado ao leste. A entrada orixinal está situada na fachada frontal do lado oeste, pero xa non se utiliza. O muro norte da nave está totalmente pechado. A luz do día entra pola ventá gótica de tres partes da fachada principal, polas seis fiestras de arco estreito no lado sur, polas dúas nos muros inclinados da ábsida e por unha pequena ventá redonda no muro entre elas.

O estilo da constución manifesta claramente o tránsito entre o románico e o gótico na fachada, onde un arco de medio punto abrangue tres fiestras de arco apuntado, e na combinación dunha bóveda de canón sobre a nave con bóveda de crucería sobre o coro e a ábsida. Baixo a nave había un espazo subterráneo coa mesma superficie, que estaba disposto como refectorio dos gaudentes.[5] No século XV construíuse un pórtico contra a fachada, pero non foi reconstruído despois do derrubamento en 1817.[6][7] Tamén no século XV pintáronse frescos no exterior da fachada, que tampouco se conservan.[8]


A capela foi dedicada a Santa María della Caritá, durante a festa da Anunciación de 1303 e foi consagrada o 25 de marzo de 1305[9] e, para conmemoralo, se compuxo un motete de Marchetto da Padova.[10]

A capela tamén é coñecida como a Capela da Area porque foi construída nun terreo comprado por Enrico Scrovegni que colindaba co lugar dunha area romana. O espazo era onde se representaba unha procesión ao aire libre e unha representación sagrada da Anunciación á Virxe durante unha xeración antes de que se construíse a capela.[11]

A capela tiña un propósito funerario, e o propio Enrico, falecido en 1336, está soterrado nun sarcófago na ábsida, na parte posterior do altar, e estivo pintada coma no Xuízo Final, presentando unha maqueta da capela á Virxe, o que fai pensar que se preocupaba polo seu benestar despois da morte. Aínda que a capela tiña unha función privada, tamén estaba aberta ás celebracións da cidade.

Orixinalmente a capela estaba conectada por unha porta lateral co palacio familiar, hoxe desaparecida, e que fora construída por orde dos Scrovegni seguindo o trazado elíptico dos restos dun anfiteatro romano próximo que actualmente forma o xardín fronte á edificio, visitado por milleiros de turistas.

Giotto e o seu equipo cubriron con frescos todas as superficies internas da capela, incluíndo as paredes e o teito. A nave mide 20,88 metros de lonxitude, 8,41 metros de largo e 12,65 metros de altura. A zona da ábsida contén un espazo cadrado (4,49 metros de profundidade e 4,31 metros de largo) e unha zona pentagonal (2,57 metros de profundidade). O elemento máis importante son os frescos con ciclos extensos que mostran a Vida de Cristo e a Virxe no seu papel na salvación humana. O muro do fondo da igrexa, polo que se accede á capela, ten un gran Xuízo Final. Tamén hai paneis en grisalla (monocromáticos) que mostran os Vicios e as Virtudes.

A capela foi adquirida polo concello de Padua en 1880 e dende entón foi restaurada en varias ocasións con contrafortes á vista e cuberta a dúas augas. A última remodelación tivo lugar no ano 2001.

Hipótese

[editar | editar a fonte]

Hai autores que aluden a unha segunda motivación na súa construción. Opinan que Enrico construíu a capela como penitencia polos pecados do seu pai pois, seu pai -Reginaldo degli Scrovegni-, foi o usureiro que aparece como personaxe no sétimo círculo do Inferno, na Divina Comedia[12] de Dante Alighieri.

Enrico dedicou un parágrafo do seu testamento ao desexo dos seus herdeiros de preservar o xacemento.

Ciclo de frescos

[editar | editar a fonte]

A decoración mural da capela é unha das obras mestras máis importantes de Giotto di Bondone. Aínda que non existe documentación específica do contrato que lle fixeron ao artista, críticos e historiadores coinciden en que a capela probablemente rematouse de pintar en 1305 ou 1306. Os frescos están dispostos en tres bandas horizontais superpostas. Cada unha contén seis caixas sucesivas, o que supón un total de 36 caixas. A orde narrativa é de esquerda a dereita e de arriba abaixo.

O ciclo de frescos de Giotto céntrase na vida da Virxe e celebra o seu papel na salvación humana. A capela tamén se chama Capela Arena porque foi construída nunha zona comprada por Enrico Scrovegni, que fora o lugar dun anfiteatro romano, onde tiñan lugar as procesións ao aire libre e as representacións sagradas da Anunciación. Un motete de Marchetto da Padova parece que foi composto para a dedicatoria do 25 de marzo de 1305.[13] O rico banqueiro Enrico degli Scrovegni construíu a capela privada nun lugar que tiña acceso directo ao seu palazzo familiar e lle encargou a Giotto a decoración.

Esquema da localización dos frescos na capela.

Ciclo de frescos de Giotto na Capela degli Scrovegni

[editar | editar a fonte]
  • Xoaquín é expulsado do templo de Deus
  • Preludio ás historias de María e de Cristo
  • Xoaquín entre os pastores
  • Un anxo aparece para Santa Ana nas oracións
  • Xoaquín sacrifica un cabrito ao Señor
  • O soño de Xoaquín
  • Xoaquín e Ana atópanse na Porta Dourada de Xerusalén
  • Nacemento de Nosa Señora
  • Presentación de Nosa Señora
  • Casamento da Virxe
  • Comitiva nupcial
  • Misión da Anunciación para María
  • Anunciación
  • Visita
  • Presentación de Xesús no Templo
  • Fuxida a Exipto
  • Masacre dos Inocentes
  • Xesús entre os doutores
  • Bautismo de Xesús
  • Vodas de Canaán
  • Resurrección de Lázaro
  • Entrada triunfal en Xerusalén
  • Expulsión dos mercadores do Templo Traizón de Xudas
  • Última Cea
  • Lavatorio de pés
  • Beixo de Xudas
  • Xesús ante Caifás
  • Flaxelación de Xesús
  • A ascensión ao Calvario
  • Crucifixión de Xesús
  • Lamento de Cristo
  • Resurrección de Xesús
  • Ascensión de Xesús
  • Pentecostés
  • Xuízo Final
  • Alegoría das Virtudes e os Vicios
Imaxe Nome Dimensión (cm) Imaxe Nome Dimensión (cm)
A expulsión de Xoaquín 200x185 O nacemento da Virxe 200x185
Xoaquín entre os Pastores 200x185 Presentación de María no Templo 200x185
Anunciación a Santa Ana 200x185 Presentación das varas no Templo 200x185
Ofrenda de Xoaquín 200x185 Oración dos requerintes 200x185
Soño de Xoaquín 200x185 Vodas da Virxe 200x185
Joaquín e Ana encóntranse no Portón Dourado 200x185 Procesión nupcial 200x185
Anunciación - O Anxo Gabriel, enviado por Deus 150x195 Anunciación - A Virxe recibe a mensaxe 150x195

A Vida de Cristo

[editar | editar a fonte]
Imaxe Nome Dimensión (cm) Imaxe Nome Dimensión (cm)
Visitación 150x140 Traizón de Xudas 150x140
Natividade - Nacemento de Xesús 200x185 Última Cea 200x185
Adoración dos Magos 200x185 Lavado dos pés 200x185
Presentación de Cristo no Templo 200x185 Prisión de Cristo (Beixo de Xudas) 200x185
Fuga para o Exipto 200x185 Cristo perante Caifás 200x185
Masacre dos Inocentes 200x185 Cristo Humillado 200x185
Cristo entre os doutores 200x185 Camiño para o Calvario 200x185
Batismo de Cristo 200x185 Crucifixión 200x185
Vodas de Canaán 200x185 Lamento por Cristo morto(Velorio de Cristo) 200x185
Resurrección de Lázaro 200x185 Resurrección (Noli me tangere) 200x185
Entrada en Xerusalén 200x185 Ascensión 200x185
Expulsión dos mercaderes do Templo 200x185 Pentecostés 200x185
Coretto 150x140 Coretto 150x140

Vícios e Virtudes

[editar | editar a fonte]
Imaxe Nome Dimensión (cm) Imaxe Nome Dimensión (cm)
Prudencia 120x60 Loucura 120x55
Rectitude 120x55 Inconstancia 120x55
Temperanza 120x55 Ira 120x55
Xustiza 120x60 Inxustiza 120x60
Fe 120x55 Infidelidade 120x55
Caridade 120x55 Envexa 120x55
Esperanza 120x60 Desespero 120x60
Imaxe Nome Dimensión (cm)
A bóveda
A misión da Anunciación a María 230x690
Xuízo Final 1000x840
Circuncisión 200x40
Crucifixión
  1. Eimerl, Sarel; Time-Life Books (1967). The world of Giotto, c. 1267-1337. New York : Time, inc. 
  2. "Padua’s fourteenth-century fresco cycles". whc.unesco.org (en inglés). 2021. Consultado o 14 de febreiro de 2022. 
  3. "Concept". o-museum.or.jp (en inglés). Consultado o 24 de xullo de 2023. 
  4. Wolf (2007), p. 33 (Nunha bula papal do 1 de marzo de 1304, o papa Bieito XI concedeu unha indulxencia aos visitantes deste Oratorio "Virginis de Caritate", como se lle chama á capela).
  5. Banzato (2003), p. 157
  6. Mazzocco (2003). p. 141 (Este pórtico aínda se pode ver nunha acuarela de principios do século XIX).
  7. Basile (2003), p. 91
  8. Donvito (2003), pp. 142-143
  9. "Storia della Cappella". giottoagliscrovegni.it (en italiano). 22 de maio de 2006. Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2006. Consultado o 17 de xullo de 2023. 
  10. Robertson, Anne Walters (abril 1995). Medieval Academy of America, ed. "Remembering the Annunciation in Medieval Polyphony". Speculum (en inglés) (Chicago) 70 (2): 275–304. ISSN 0038-7134. JSTOR 2864894. doi:10.2307/2864894. 
  11. Schwarz, Michael Viktor (2010). "Padua, its Arena and the Arena Chapel: A Liturgical Ensemble". Journal of the Warburg and Courtauld Institutes (en inglés) (73): 39–64. JSTOR 41418713. doi:10.1086/JWCI41418713. 
  12. "Treccani - La cultura italiana". www.treccani.it ; Treccani, il portale del sapere. Consultado o 2023-07-17. 
  13. s.r.o, Tripomatic. "Cappella degli Scrovegni - Pádua, Itália". travel.sygic.com. Consultado o 2023-07-17. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Banzato, Davide (2003). "Giotto en de 14e-eeuwse schilderkunst in Padua". En Banzato, Davide. Giotto en de kunst in Padua in de 14e eeuw. La Cappella degli Scrovegni (catalogus uitgegeven n.a.v. de tentoonstelling in het kader van Europalia: Italia die doorging in Brussel in 2003) (en neerlandés). Gante: Snoeck. pp. 23–38. ISBN 90-5349-467-7. 
  • Donvito, Vincenza (2003). "Carlo Naya: Kapel van Giotto in Padua". En Banzato, Davide:, Davide. Giotto en de kunst in Padua in de 14e eeuw. La Cappella degli Scrovegni (catalogus uitgegeven n.a.v. de tentoonstelling in het kader van Europalia: Italia die doorging in Brussel in 2003) (en neerlandés). Gante: Snoeck. pp. 142–143. ISBN 90-5349-467-7. 
  • N., N. (2003). "Gabriele Benvenisti, Vincenzo Grasselli en Barnaba Lava: Overzichten van de Scrovegni-kapel. Aquarelrekeningen". En Banzato, Davide. Giotto en de kunst in Padua in de 14e eeuw. La Cappella degli Scrovegni (catalogus uitgegeven n.a.v. de tentoonstelling in het kader van Europalia: Italia die doorging in Brussel in 2003) (en neerlandés). Gante: Snoeck. pp. 144–157. ISBN 90-5349-467-7. 
  • Wolf, N. (2007). Giotto di Bondone 1267-1337. De vernieuwing van de schilderkunst (en neerlandés). Colonia: Taschen. ISBN 978-3-8228-4899-9. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]