Capitalismo cognitivo
Coñécense como capitalismo cognitivo as prácticas económicas sobre as producións de coñecemento enmarcadas no capitalismo globalizado de finais do século XX e comezos do XXI. Xunto ao capitalismo relacional e o capitalismo dos afectos, é un dos tres puntais do capitalismo sobre bens inmateriais.
Capitalismo cognitivo e propiedade intelectual
[editar | editar a fonte]O seu nacemento está profundamente ligado á xustificación da expresión propiedade intelectual, onde a produción de coñecemento e bens inmateriais están suxeitos á lóxica da escaseza artificial. Esta xustificación conséguese equiparando os bens materiais nos que xa se interiorizou o concepto de propiedade privada baseada na antagonía ("se eu teño un material entón ti non o tes") e a exclusividade ("se é meu, entón eu decido que ti non o podes desfrutar") cos inmaterais onde até entón se relacionaban coa creatividade, a orixinalidade e que cobraban valor por si mesmos no acto directo do comunicado público.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Blondeau, O., Dyer N., Vercellone, C., Kyrou, A., Corsani, A., Rullani E. et al. (2004) Capitalismo cognitivo, propiedad intelectual y creación colectiva, Madrid: Traficantes de sueños (en castelán).
- Castells, M. (1999) La sociedad red, Madrid: Alianza Editorial (en castelán).
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Propiedad intelectual y software libre, presentación de Jorge Cortell na Universitat de Alacant, 19 de xullo de 2005.
- Santana, Al Cano (2010). "La liberación de subjetividades y de relaciones entre sujetos a través de mecanismos tecnológicos, culturales y organizativos". Crisis analógica, futuro digital: actas del IV Congreso Online del Observatorio para la Cibersociedad, celebrado del 12 al 29 de noviembre de 2009, 2010, ISBN 978-84-613-7299-7: 202. ISBN 9788461372997.