Carl Reiner
Carl Reiner, nado o 20 de marzo de 1922[1] en Nova York e finado o 29 de xuño de 2020 en California, foi un actor, director, produtor, guionista e humorista estadounidense, pai do realizador Rob Reiner.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Reiner comezou a actuar en musicais de Broadway en 1948. A partir de 1950 apareceu regularmente no programa de televisión Your Show of Show, do que tamén era un dos guionistas, e desde 1954 na súa continuación Caesar's Hour. En 1960 en The Steve Allen Show axuntouse con Mel Brooks para formar un dúo cómico. En 1961 creou, produciu e protagonizou a súa propia comedia de situación, The Dick Van Dyke Show, que se mantivo en emisión ata 1966, alí dirixiu algúns episodios e en 1967 realizou o seu primeiro filme Enter Laughing, e máis tarde dirixiu varias comedias do actor Steve Martin como The Jerk (1979), Dead Men Don't Wear Plaid (1982), The Man with Two Brains (1983), e All of Me (1984). Reiner gañou nove Emmy e yb Grammy durante a súa carreira, e foi a única persoa en aparecer nas cinco encarnacións de The Tonight Show. De 2004 a 2005, Reiner deu voz a Sarmoti en Father of the Pride.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ St. James Encyclopedia of Popular Culture, St. James Press, (2000)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Carl Reiner |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Carl Reiner na IMDb (en inglés).
- Sitio de Carl Reiner (en inglés)
- Nados en 1922
- Finados en 2020
- Nados no Bronx
- Actores de Nova York
- Actores de cine dos Estados Unidos de América
- Actores de televisión dos Estados Unidos de América
- Actores de teatro dos Estados Unidos de América
- Humoristas dos Estados Unidos de América
- Guionistas dos Estados Unidos de América
- Directores de cine dos Estados Unidos de América
- Directores de televisión
- Produtores de cine dos Estados Unidos de América
- Produtores de televisión