Caso Fritzl
O caso Fritzl foi un escándolo dos medios que saltou á opinión pública en abril de 2008 cando unha muller de 42 anos, Elisabeth Fritzl (nada o 6 de abril de 1966), declarou á policía na cidade de Amstetten, en Austria que estivera presa durante 24 anos nunha parte oculta do soto da casa familiar do seu pai, Josef Fritzl (nado o 9 de abril de 1935), e que fora sometida a múltiples abusos sexuais e violacións durante o seu cativerio. Elisabeth explicou que o seu levaba abusando dela dende os 11 anos de idade. A relación incestuosa forzada polo seu pai resultou no nacemento de sete fillos e un aborto involuntario.
Tres dos nenos viviron retidos coa súa nai durante toda a súa vida: Kerstin, de 19 anos, e os seus fillos Stefan, 18, e Felix, 5. Un neno, de nome Michael, morreu por mor de problemas respiratorios tres días despois do nacemento, todos eles privados de asistencia médica; o seu corpo foi cremado no forno da casa por Josef Fritzl.
Os outros tres nenos foron criados por Fritzl e a súa esposa Rosemarie fóra do soto. Josef obrigou á súa filla a escribir notas onde dicía que non podía coidalos e que llos deixaba ós seus pais. Fritzl deseñara a aparición destes nenos expósitos descubertos fóra da súa casa: Lisa de nove meses en 1993, Monika en dez meses en 1994 e Alexander ós 15 meses en 1997.
Josef Fritzl xa estivera en prisión cinco anos por unha violación nos anos sesenta. Era coñecido polas súas viaxes a Tailandia.
Historia do caso
[editar | editar a fonte]Crese que Josef Fritzl comezou a abusar da súa propia filla Elisabeth en 1977, mais non a encerrou no soto da casa da familia até o 24 de agosto de 1984. En setembro de 1984 apareceu unha carta manuscrita de Elisabeth, na cal explicaba ós seus pais que deixasen de buscala. Entre 1988 e 1989 naceu a súa filla Kerstin, a súa primeira filla. O seu segundo fillo, Stefan, naceu un ano despois. En maio de 1993, atopouse un neno no portal da casa da familia, a carón do cal apareceu unha nota de Elisabeth na que pedía que coidasen do neno, e en decembro de 1994 naceu outro bebé, Monika. Os pais de Elisabeth fixéronse cargo dos nenos. En maio de 1996, Elisabeth deu a luz xemelgos, un dos cales morreu ós tres días de nacer. Josef Fritzl confesou ter incinerado o corpo na casa. Cando a filla máis vella, Kerstin, se puxo gravemente enferma, Josef accedeu ás peticións de Elisabeth para levala a un hospital, provocando unha serie de acontecementos que conducirían ó descubrimento dos feitos.
Josef Fritzl foi detido o 26 de abril de 2008, con 73 anos, baixo sospeita de delitos graves contra os membros da familia e foi a xuízo en Sankt Pölten, Austria o 16 de marzo de 2009.[1][2] Nun comezo, declarouse culpable de catro dos seis cargos ós que se enfrontaba, é dicir, o incesto, a violación, a coacción e o secuestro, pero negou os outros dous cargos de asasinato de Michael e o de escravitude.[3][4] Ó terceiro día do xuízo, declarouse culpable dos seis cargos.[5] O 19 de marzo, o cuarto día do xuízo, Josef Fritzl foi condenado por tódolos cargos a cadea perpetua.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BBC News, ed. (30 de abril de 2008). "Timeline: Austrian cellar case". Consultado o 6 de maio de 2008.
- ↑ News.co.uk, ed. (22 de xaneiro de 2009). "Josef Fritzl trial date set for March".
- ↑ Connolly, Kate (13 de novembro de 2008). guardian.co.uk, ed. "Josef Fritzl faces murder, rape and slavery charges". Consultado o 11 de marzo de 2009.
- ↑ Connolly, Kate (16 de novembro de 2008). guardian.co.uk, ed. "Austrian cellar trial: Josef Fritzl pleads guilty to rape of daughter". Consultado o 16 de marzo de 2009.
- ↑ Associated Press, ed. (18 de marzo de 2008). "Austrian cellar trial: Fritzl pleads guilty to all charges in incest case". Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2009. Consultado o 18 de marzo de 2009.
- ↑ Fritzl jailed for life in dungeon incest case, CNN, 19 de marzo de 2009
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Caso Fritzl |