Castelo de Tudela
Aparencia
O castelo de Tudela está situado en La Focara aínda que pertence á parroquia asturiana de Santianes, no concello de Oviedo (España).
Trátase dunha fortaleza levantada sobre as ruínas primitivas dun castro, mandado reformar por Afonso III e demolido por Xoán I de Castela no ano 1383.
O conservado na actualidade responde, dende o punto de vista construtivo, ós séculos XIII e XIV, e limítase practicamente ós restos do torreón. Tamén se aprecian as liñas do dobre foso que o rodeaba. O castelo foi propiedade de Gonzalo Peláez xunto cos de Gozón, Buanga, Proaza, Alba de Quirós, Lúa e Aguilar.
Foi declarado monumento histórico o 22 de maio de 1965.