Central do Brasil
Central do Brasil | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Central do Brasil |
Director | Walter Salles |
Produtor |
|
Guión |
|
Baseado en | Historia de Walter Salles |
Intérpretes | |
Música | |
Fotografía | Walter Carvalho |
Montaxe | Felipe Lacerda |
Distribuidora | Europa Filmes |
Estrea | 1998 |
Duración | 113 minutos |
Orixe | Brasil Francia |
Xénero | Drama |
Orzamento | 2,9 millóns de dólares[1] |
Recadación | 22 millóns de dólares[2] |
Na rede | |
http://www.miramax.com/movie/central-station | |
Central do Brasil é un filme franco-brasileiro de 1998 dirixido por Walter Salles, protagonizado por Fernanda Montenegro e Vinícius de Oliveira. O guión, adaptado por João Emanuel Carneiro e Marcos Bernstein a partir dunha historia do director Walter Salles, conta a amizade entre un rapaz e unha muller de mediana idade. A interpretación de Montenegro valeulle o recoñecemento internacional da crítica e un nomeamento ó Óscar á mellor actriz, ó tempo que o filme foi nomeado ó Óscar ó mellor filme internacional na 71ª edición dos premios.[3]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Dora é unha mestra xubilada que se volveu amargada. Traballa na Estación Central de Río de Xaneiro escribindo cartas para clientes analfabetos. Ás veces pode ser impaciente con eles e chega a non enviar o que escribe, deixándoo nun caixón ou rompéndoo. Josué é un neno pobre de nove anos que nunca coñeceu o seu pai, mais espera facelo. A súa nai envía cartas ao pai a través de Dora, dicindo que agarda reunirse axiña con el, mais cando ela morre nun accidente de autobús ao saír da estación o neno queda sen fogar. Dora cólleo e trafica con el cunha parella corrupta, mais unha veciña acaba por facela sentir culpable.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Fernanda Montenegro como Isadora "Dora" Teixeira
- Vinícius de Oliveira como Josué Fontenele de Paiva
- Marília Pêra como Irene
- Soia Lira como Ana Fontenele
- Othon Bastos como César
- Otávio Augusto como Pedrão
- Stela Freitas como Yolanda
- Matheus Nachtergaele como Isaías Paiva
- Caio Junqueira como Moisés Paiva
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Central do Brasil (1998) - Financial Information". The-numbers.com. Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2013. Consultado o 27 de xaneiro de 2018.
- ↑ "A comercialização de um filme internacional: Central do Brasil". Asaeca.org (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 27 de xaneiro de 2018.
- ↑ "The 71st Academy Awards (1999) Nominees and Winners". Oscars.org. Consultado o 20 de outubro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes do Brasil propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 71ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Central do Brasil na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Filmes de 1998
- Filmes en lingua portuguesa
- Filmes do Brasil
- Filmes de Francia
- Filmes dirixidos por Walter Salles
- Filmes con banda sonora de Stewart Copeland
- Filmes gañadores do Oso de Ouro
- Filmes ambientados no Brasil
- Filmes ambientados en Río de Xaneiro
- Filmes rodados en Río de Xaneiro
- Filmes de Sony Pictures Classics