Chamín, Arteixo
Chamín | |
---|---|
Fachada da igrexa parroquial de Santaia. | |
Concello | Arteixo[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°17′36″N 8°33′58″O / 43.2933, -8.5661 |
Poboación | 442 hab. (2016) |
Entidades de poboación | 14[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santaia de Chamín[1] é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Arteixo na comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2016 tiña 442 habitantes (224 mulleres e 218 homes) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 458 habitantes.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]No Campamento Costeiro do Reiro realizáronse escavacións que deron a coñecer unha comunidade mesolítica (10 000 - 5000 a. C.).[2] O sitio presenta unha ampla dispersión de materiais, sobre todo industria lítica en cuarzo e cristal de rocha. Tamén hai algúns restos orgánicos (cervos, xabarís ou vértebras de peixes...).[3] Da Idade de Ferro é o castro do Petón. A igrexa de Santaia de Chamín é de estilo románico.
Festas
[editar | editar a fonte]As festas patronais celébranse o 10 de decembro en Santaia. Amais celébrase o San Brais en febreiro e o San Xoán o 24 de xuño.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Cruceiro.
-
Igrexa parroquial.
-
Pórtico da igrexa parroquial.
-
Porta lateral da igrexa parroquial.
-
Fiestra na igrexa parroquial.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Chamín
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Chamín no concello de Arteixo (A Coruña) | |
---|---|
A Braña | A Brea | Chamín | Chamín de Abaixo | Chamín de Arriba | Chamín do Medio | Espadanoso | Fente | O Igrexario | Margarida | A Ponte | Santaia de Abaixo | Santaia de Arriba | A Sartaña | Vioño |
Parroquias de Arteixo
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ Xabier Maceiras (13 de xullo de 2018). "Os achados arqueolóxicos do xacemento costeiro do Reiro (Chamín)". Crónicas de Arteixo.
- ↑ Ramil Soneira, José (1973). "Paradero de Reiro". Cuadernos de Estudios Gallegos. XXVIII(84).