Saltar ao contido

Chan (revista)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Chan
PaísEspaña
LugarMadrid
Lingualingua castelá e lingua galega
Fundación1969
Na rede
Galiciana: 584341
editar datos en Wikidata ]

Chan foi unha revista publicada en Madrid entre 1969 e 1971 pola comunidade galega na emigración, co subtítulo de La revista de los gallegos.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

O primeiro número apareceu o 22 de febreiro de 1969,[1] dirixida por Raimundo García Domínguez "Borobó". Publicáronse 38 números en dous períodos diferentes: os 33 primeiros, entre febreiro de 1969 e setembro de 1970, saíron publicados con periodicidade quincenal, con Jesús Tobío como subdirector e redactor xefe. Logo dun tempo retomouse a publicación en marzo de 1971, con periodicidade mensual e baixo a dirección de Fernando Ónega.

Segundo explica José Fernández Ferreiro no primeiro artigo da sección "Obradoiro", o obxectivo de Chan era dar continuidade á publicación compostelá La Noche, publicada entre 1946 e 1967. A propia sección de Fernández Ferreiro en La Noche foi continuada por Borobó con “Anacos”. Tamén buscaba relación coa revista barcelonesa Destino.[2] para buscar novos públicos máis alá do sector ligado á Editorial Galaxia e a revista Grial. A publicación estaba escrita en boa parte en castelán, limitándose o galego a certas seccións ou títulos. Segundo dixo Antonio Vilaseca nunha entrevista na propia revista Chan, “Galicia ha de desarrollarse fortaleciendo su personalidad, pero sin que ello signifique una renuncia al castellano”.

Os seus contidos incluían desde a política do momento asociada con Galiza á cultura de masas, pasando pola economía, os problemas de infraestruturas da sociedade galega, o humor ou a política internacional antiestadounidense. No eido cultural acollía traballos sobre música, historia e literatura.

Entre os seus colaboradores estaban Manuel Torre Iglesias, Concha Castroviejo, Antonio Odriozola, Avelino Gómez Ledo, Xesús Alonso Montero, Perfecto Conde Muruais, Xosé Ramón Fernández-Oxea, José Fariña Jamardo, Juan Antonio Porto, José Fernández Ferreiro, Manuel Blanco Tobío, Ánxel Fole ou Ramón Otero Pedrayo. Na segunda etapa colaboraron tamén Xesús Pérez Varela, Xosé Armesto Faginas, Xesús Rábade, Carlos González Reigosa, Ricardo Carballo Calero e Valentín Paz-Andrade.

  1. Valcarce, M. (3-6-2007). "1969: Nace a revista ‘Chan’". El Correo Gallego. Arquivado dende o orixinal o 01-04-2018. Consultado o 31-03-2018. 
  2. Entrevista a Borobó de membros do grupo Galabra, 2001

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]