Saltar ao contido

Cheka

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
VCheKa (en ruso: ВЧК)
Vserossiyskaya chrezvychaynaya komissiya
Всероссийская чрезвычайная комиссия
Información xeral
Formación 1917
Precedente VRK Petrogrado
Disolución 1922 (reorganizada)
Substituída por GPU
Sede central RSSF Rusia R/ Gorokhovaya 2, Petrogrado
RSSF Rusia Praza Lubyanka, Moscova
Director Felix Dzerzhinsky
Axencia sup.
Consello de Comisarios do Pobo

A Cheka (ЧК - чрезвыча́йная коми́ссия chrezvychaynaya komissiya, do ruso: Comisión de Emerxencias, AFI: [tɕɪˈka]) foi a primeira dunha serie de organizacións soviéticas de seguridade do Estado. Foi creada o 20 de decembro de 1917, despois dun decreto emitido por Vladimir Lenin e posteriormente liderada polo aristócrata convertido ao comunismo Felix Dzerzhinsky.

Por extensión, denomináronse «chekas» as diversas policías políticas secretas que xurdiron con posterioridade noutros países. Na España republicana tamén recibiron o nome de "chekas" os locais que durante a Guerra Civil utilizaban organismos análogos, adoito parapoliciais, para deter, interrogar, torturar e xulgar de forma sumarísima.

A axencia

[editar | editar a fonte]

A finais de 1918 foron creados centos de comités Cheka en varias cidades en múltiples niveis incluíndo as cheka de oblast, guberniya ("Gubcheks"), raion, uyezd e volost, con comisarios extraordinarios no raion e no volost. Moitos miles de disidentes, desertores ou outras persoas foron detidas, torturadas ou executadas por varios grupos da Cheka. Despois de 1922, os grupos de Cheka sufriron unha serie de reorganizacións, coa NKVD, en corpos cuxos membros continuaron sendo chamados "Chekisty "(Chekistas) ata finais de 1980.

Co ascenso de Vladimir Putin ao poder, a referencia aos membros do FSB como "chekistas" continuou a ser utilizada sobre todo polos opositores políticos de Putin, a miúdo con connotacións negativas. Desde a súa fundación, a Cheka foi un importante brazo militar e de seguridade do goberno comunista bolxevique. En 1921 as Tropas de Defensa Interior da República (unha rama da Cheka) tiñan 200.000 membros.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]