Chicago
Lema | «Urbs In Horto I Will» | ||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||||||
| |||||||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||||||
Estado federado | Illinois | ||||||||
County of Illinois (en) | Condado de Cook (pt) | ||||||||
Capital de | |||||||||
Poboación | |||||||||
Poboación | 2.746.388 (2020) (4.528,82 hab./km²) | ||||||||
Número de fogares | 1.081.143 (2020) | ||||||||
Lingua oficial | lingua inglesa | ||||||||
Xeografía | |||||||||
Situado na entidade territorial estatística | Região Metropolitana de Chicago (pt) (Poboación:9.618.502) | ||||||||
Parte de | |||||||||
Superficie | 606,424 km² | ||||||||
Auga | 2,7676 % (1 de abril de 2010) | ||||||||
Bañado por | Rio Chicago (pt) e Lago Michigan | ||||||||
Altitude | 179 m | ||||||||
Comparte fronteira con | |||||||||
Datos históricos | |||||||||
Precedido por | |||||||||
Fundador | Jean Baptiste Pointe du Sable (pt) | ||||||||
Evento clave
| |||||||||
Organización política | |||||||||
• Alcalde | Brandon Johnson (pt) (2023–) | ||||||||
Órgano lexislativo | Chicago City Council (en) , (Escano: 50) | ||||||||
Identificador descritivo | |||||||||
Código postal | 60601–60827 | ||||||||
Fuso horario | |||||||||
Prefixo telefónico | 872, 312 e 773 | ||||||||
Outro | |||||||||
Irmandado con | |||||||||
Páxina web | chicago.gov | ||||||||
Chicago é a cidade máis poboada do estado estadounidense de Illinois, así como dos estados da rexión xeográfica do Medio Oeste. Cunha poboación de 2 746 388 habitantes, segundo datos de 2020, é a terceira cidade máis poboada dos Estados Unidos de América, despois de Nova York e Os Ánxeles. A súa área metropolitana posúe máis de 9 millóns de habitantes.
Chicago é unha das cidades americanas na que as minorías son maiores. Dos habitantes da cidade, ao redor do 42% son brancos, mentres que un 36.77% son negros. O 26.02% son hispanos (sen distinguir a raza).
Chicago é famosa pola súa arquitectura, moi influente a finais do século XIX[1] xa que o grande incendio de Chicago deixou moito espazo libre para construír (ou reconstruír), dando paso aos primeiros rañaceos do mundo. O edificio máis alto do mundo ata a construción das Torres Petronas en Kuala Lumpur (Malaisia) era as Torres Sears, en Chicago.
Chicago tamén é famosa polo aeroporto O'Hare, o máis ocupado do mundo. O seu nome ten orixe india.
Clima
[editar | editar a fonte]O clima en Chicago é moi variado, xa que no verán pódense rexistrar temperaturas máximas entre 29 e 37 °C, e mínimas desde 19 ata 24 °C. No inverno rexístranse intensas nevaradas ou chuvias acompañadas con neve. As temperaturas máximas oscilan desde os 0 ata os 7 °C e as mínimas entre os -20 °C ata os 0 °C. O lago só acomoda o clima levemente.
Historia
[editar | editar a fonte]Segundo os relatos dos exploradores españois do século XVII, os indios de Illinois (potawatomi) foron os primeiros en reclamar un territorio que chamaron "Chicaugou", e que significa poderoso, forte ou grande, e que foi utilizado por moitos xefes de tribo para significar que eran “grandes” xefes. En 1795 a área foi cedida polos Nativos Americanos a EEUU polo Tratado de Greenville para o seu uso militar.
Os primeiros exploradores europeos en poñer pé no lugar destinado a se converter en Chicago foron Louis Joliet e Jacques Marquette. Os dous exploradores foron comisionados polo Goberno francés en 1673. O padre Marquette regresou á zona só un ano despois para estabelecer unha misión india.
O primeiro colonizador europeo de Chicago, Jean Baptiste Point Du Sable, chegou á zona en 1780. Casou cunha india potawatomi chamada Kittihawa e tivo dous fillos, Jean e Susanne. En 1779 partiu de Peoria e explorou o norte até unha zona chamada Eschikagou, (Chicago) polos indios. Du Sable, recoñecendo o seu potencial, decidiu instalarse en Chicago e construíu a primeira vivenda permanente ás beiras do río.
Estabeleceu un posto comercial que se converteu no principal punto de subministración para comerciantes e trampeiros que ían para o Oeste. O posto de Du Sable prosperou moito e fíxose bastante rico. En 1796 naceulle unha neta, converténdose no primeiro neno nado na nova cidade de Chicago.
Aínda que Chicago sufriu unha serie de problemas, incluíndo o masacre de Fort Dearborn por unha tribo de indios hostís e a Guerra de 1812 entre Estados Unidos e Gran Bretaña, logrou manter as súas posesións territoriais e expandir as súas estremas.
En 1803 co desenvolvemento do ferrocarril e a canle Illinois/Míchigan (en 1848 constrúense as canles Illinois e Míchigan, interconectando os Grandes Lagos co río Mississippi), Chicago fíxose o líder nas industrias gandeiras, de labras de madeira, de leña e de trigo. Correuse a voz de que a cidade estaba chea de oportunidades, e para mediados da década de 1850, chegaban ata 100.000 inmigrantes á cidade anualmente buscando terras e traballo.
En 1860, Chicago acolleu a Convención Nacional Republicana que nomeou o propio baiki mestizo, Illinois, como o candidato presidencial. Un ano após, durante o seu mandato, comezou a Guerra Civil.
O Chicago da posguerra foi imparable. Medrou a poboación, duplicáronse os envíos de cereal e os comerciantes prosperaron.
O 10 de outubro de 1871, o Grande Incendio de Chicago destruíu a maior parte da zona central da cidade. Comezou no distrito madeireiro da zona oeste da cidade. Din que a vaca de Mrs. O'Leary mallou nunha lámpada de queroseno que iniciou o incendio. Para o 10 de outubro, o lume destruíra case 6,5 km da cidade, levou polo menos 250 vidas e deixou 100.000 residentes sen fogar. Máis de 17.000 edificios foron destruídos e as propiedades danadas estimáronse en 200 millóns de dólares.
Despois do incendio, xurdiu un Chicago máis grande. Arquitectos de fama internacional viñeron á cidade para a súa reconstrución. En poucos anos, Chicago rexurdiu e foi escollido para acoller a Exposición mundial colombina de 1893 para 2,5 millóns de visitantes.
En 1933 e 1934 organizouse a Feira mundial de Chicago, coñecida como “Un século de progreso”, como unha sociedade non lucrativa en xaneiro de 1928. A súa finalidade era celebrar unha feira mundial en Chicago en 1933. Foi ideada como unha conmemoración centenaria da cidade de Chicago e un testemuño dos logros científicos e industriais dese tempo.
Situada ao sur de Navy Pier (Peirao da Armada)en Chicago, Devandita exposición, "A century of Progres", tiña 112 hectáreas á beira do Lago e estaba constituída por dúas lagoas artificiais e Notherly Island.
A feira inaugurouse o 27 de maio de 1933 coa cerimonia de prender as luces cos raios da estrela Arcturus. Os raios concentráronse en células fotoeléctricas nunha serie de observatorios astronómicos e logo transformáronse en enerxía eléctrica que se transmitiu a Chicago. A diferenza de calquera outra feira anterior, ‘A Century of Progress' celebrou a cor e a iluminación. A arquitectura da feira viuse influída pola Gran Depresión da época. Máis que centrarse na arquitectura, a feira centrouse no progreso científico e tecnolóxico e nos procesos de fabricación relacionados con iso. Foi un éxito sen precedentes e acolleu a máis de 48 millóns de visitantes nos dous anos que durou. Ofreceu un perspectiva animadora dun futuro materializado pola tecnoloxía mentres honraba os logros do pasado.
Hoxe día, Chicago é unha cidade dinámica e culturalmente diversa. É un centro internacional para os negocios e as viaxes de lecer, debido en parte á accesibilidade da cidade mediante o transporte, unha próspera comunidade de negocios e hoteis, restaurantes, lugares de compras etc.
Tamén é sonada a época dos gansterns e nela viviu o famoso mafioso Al Capone que gobernaba no sector oriental de Chicago e os disturbios de finais do XX.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Chicago, la ciudad que cambió el mundo". www.lavanguardia.com. Consultado o 2022-01-22.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Chicago |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Listaxe | Cidade | Estado | Pob. | Listaxe | Cidade | Estado | Pob. | Nova York Os Ánxeles Chicago | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Nova York | Nova York | 8.622.698 | 11 | Austin | Texas | 950.715 | |||
2 | Os Ánxeles | California | 3.999.759 | 12 | Jacksonville | Florida | 892.062 | |||
3 | Chicago | Illinois | 2.716.450 | 13 | San Francisco | California | 884.363 | |||
4 | Houston | Texas | 2.312.717 | 14 | Columbus | Ohio | 879.170 | |||
5 | Phoenix | Arizona | 1.626.078 | 15 | Fort Worth | Texas | 874.168 | |||
6 | Filadelfia | Pensilvania | 1.580.863 | 16 | Indianapolis | Indiana | 863.002 | |||
7 | San Antonio | Texas | 1.511.946 | 17 | Charlotte | Carolina do Norte | 859.035 | |||
8 | San Diego | California | 1.419.516 | 18 | Seattle | Washington | 724.745 | |||
9 | Dallas | Texas | 1.341.075 | 19 | Denver | Colorado | 704.621 | |||
10 | San Jose | California | 1.035.317 | 20 | Washington, D.C. | Distrito de Columbia | 693.972 | |||
Datos do censo de 2017.[1] |