Chiclana de la Frontera
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Andalucía | ||||
Provincia | Provincia de Cádiz | ||||
Capital | Chiclana de la Frontera | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 88.709 (2023) (431,78 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 205,45 km² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Altitude | 11 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 15 de maio de 1303 | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Ernesto Marín (mul) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 11130 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 956 | ||||
Código INE | 11015 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | chiclana.es | ||||
Chiclana de la Frontera é unha cidade española situada na provincia de Cádiz, en Andalucía. Atópase na comarca da Baía de Cádiz da cal dista 25 quilómetros.[1] A fundación da actual Chiclana produciuse no ano 1303, cando o rei Fernando IV de Castela entregou as terras á Casa de Medina Sidonia. O actual casco urbano levantouse durante o século XVIII. Na guerra da Independencia española produciuse a batalla de Chiclana entre franceses e aliados anglo-españois. Hoxe en día, a economía de Chiclana depende dunha industria moderna e do turismo, especialmente das praias e dos campos de golf asentados fundamentalmente no Novo Sancti Petri, urbanización que conta co maior número de prazas hoteleiras da provincia de Cádiz e de toda a Costa da Luz.
O termo municipal fai fronteira polo norte cos concellos de San Fernando e Puerto Real; pola costa cara ó sur con Conil de la Frontera e por terra limita con Medina Sidonia e unha pequena parte de Vejer de la Frontera. O concello contaba en 2016 cunha poboación de 84 680 persoas.[2] e ten unha densidade de poboación de 400 hab/km². Atópase a unha altitude de 11 msnm.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Distancia entre Chiclana de la Frontera y Cádiz". Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2019. Consultado o 22 de outubro de 2019.
- ↑ "Instituto Nacional de Estadística". 16 de xuño de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Chiclana de la Frontera |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en castelán)
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Chiclana de la Frontera |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |