Cidade de Nusantara
Nusantara (id) | ||||
Lema | «A Global City For All» «Kota Dunia Untuk Semua» | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | Nusantara | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | Indonesia | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 256.142 ha | |||
Comparte fronteira con | ||||
Datos históricos | ||||
Creación | 2021 | |||
Evento clave | ||||
Organización política | ||||
• Head of the Nusantara Capital Authority (en) | Bambang Susantono (en) (2022–) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 62000–62999 | |||
Fuso horario | ||||
Páxina web | ikn.go.id | |||
Nusantara, oficialmente Ibu Kota Nusantara (IKN), situada entre a rexencia de Kutai Kartanegara e a rexencia de Penajam North Paser, Kalimantan Oriental é unha proposta de nome da rexión e cidade que será a próxima capital e futura sede do goberno de Indonesia.[1] [2] O 17 de agosto de 2024, Indonesia celebrou oficialmente o seu Día da Independencia por primeira vez na futura capital inacabada.[3]
Decisión
[editar | editar a fonte]A actual capital Iacarta, na illa de Xava, tivo que afrontar desafíos como o rápido crecemento urbano e fortes e numerosas inundacións.[4] A cidade está a afundirse até 17 cm (6,7 polgadas) ao ano, sendo unha das capitais que máis rápido afunde no mundo.[5] En 2019, o presidente Joko Widodo anunciou que a capital do país cambiaría a un lugar da illa de Borneo.[6]
Denominación e construción
[editar | editar a fonte]O 17 de xaneiro de 2022, durante unha reunión do comité especial, o ministro de Planificación do Desenvolvemento Nacional, Suharso Monoarfa, dixo que a capital da nova nación se chamaría Nusantara, como o nome indonesio tradicional para o sueste asiático marítimo, ou parte del, que en xavanés antigo significa "illas exteriores".[7] [8] Ao día seguinte, o Parlamento de Indonesia votou para cambiar oficialmente a capital de Iacarta a Nusantara.[9]
A construción comezou despois de finalizar a campaña de vacinación contra a COVID-19 en 2022.[10] En xullo dese ano comezaron a limpeza de terreos e a construción de vías de acceso.
Previsións de prazos e custos
[editar | editar a fonte]Estímase que o proxecto vale Rp 523 billóns (uns 35.000 millóns de dólares) e estará rematado en 5 fases.[11]
Ao redor de 150.000 a 200.000 traballadores de toda Indonesia participaron neste proxecto.[12] [13]
Espérase que o proxecto estea totalmente rematado en 2045.[14]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Nusantara Becomes The Name Of The New Capital City, This Is What It Means" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Nusantara is the name of indonesia's new capital" (en inglés).
- ↑ "Indonesia's new capital isn't ready yet. The president is celebrating Independence Day there anyway". AP News (en inglés). 2024-08-17. Consultado o 2024-08-19.
- ↑ "2017; Jakarta urban challenges overview". humancities.co. Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2017. Consultado o 19 de agosto de 2024.
- ↑ Post, The Jakarta. "Cure to sinking Jakarta? - Editorial". The Jakarta Post (en inglés). Consultado o 2024-08-19.
- ↑ Rompies, James Massola, Karuni (2019-08-26). "Jakarta sinks as Indonesian capital and Borneo takes on mantle". The Sydney Morning Herald (en inglés). Consultado o 2024-08-18.
- ↑ Friend, T. (2003). Indonesian Destinies. Harvard University Press. p. 601. ISBN 0-674-01137-6.
- ↑ "Indonesia minister announces name of new national capital in eastern Kalimantan". CNA (en inglés). Consultado o 2024-08-19.
- ↑ Ryan, Masrur Jamaluddin,Hannah (2022-01-18). "Indonesia names new capital, approving shift from Jakarta". CNN (en inglés). Consultado o 2024-08-19.
- ↑ Rao, Madhu; News, India TV (2021-01-24). "Indonesia to develop new capital city after vaccine drive". www.indiatvnews.com (en inglés). Consultado o 2024-08-19.
- ↑ Tan, Anthony (2023-03-03). "Nusantara, the $35 billion new capital of Indonesia". Medium (en inglés). Consultado o 2024-08-19.
- ↑ Hantoro, Juli (2022-06-03). "Jokowi Perintahkan Pembangunan IKN Libatkan Masyarakat Lokal". Tempo (en inglés). Consultado o 2024-08-19.
- ↑ "Pembangunan Awal IKN Nusantara akan Pekerjakan 200 Ribu Pekerja, Libatkan Warga Sekitar? Ini Kata Kepala Otorita". Suarakaltim.id (en indonesio). Consultado o 2024-08-19.
- ↑ "Indonesia's new capital Nusantara attracts increased investor interest". Nikkei Asia (en inglés). Consultado o 2024-08-19.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cidade de Nusantara |