Circuíto Ricardo Tormo
Circuíto da Comunidade Valenciana Ricardo Tormo | |
---|---|
Plano do Circuíto | |
Datos | |
Carreiras | Fórmula 1; MotoGP; GP2 Series; Superbikes; |
Localización | Cheste, Comunidade Valenciana |
Lonxitude | 4,051 km. |
Curvas | 14 |
Volta rápida (2001) | 1:30.936 |
Piloto récord | Daniel Martín |
Escudería récord | F3000 |
Coordenadas | |
O Circuito Ricardo Tormo, oficialmente Circuito da Comunidade Valenciana Ricardo Tormo, é un circuíto de carreiras localizado en Cheste na provincia de Valencia na Comunidade Valenciana, España. Construíuse no ano 1999 e espérase que, polo menos, siga acollendo o Gran Premio da Comunidade Valenciana, un evento puntuable para o Campionato do Mundo de Motos, ata 2021.[1] Ten unha capacidade para 165.000 espectadores, con 125.000 asentos e leva o nome do campión valenciano de motociclismo Ricardo Tormo, dobre campión do mundo de 50cc.
Datos
[editar | editar a fonte]Cheste acolle desde o 1999 o Gran Premio da Comunidade Valenciana do Campionato do Mundo de Motociclismo, así como as datas para o Campionato do mundo de Superbikes, as GP2 Series, as European Le Mans Series, o Campionato FIA GT, o International GT Open, o Campionato Europeo de Turismos, o Campionato Mundial de Turismos e o Deutsche Tourenwagen Masters. O circuíto da Comunidade Valenciana Ricardo Tormo organizou unha rolda da GP3 Series en 2013.
No seu deseño, seguiuse o canon do circuíto Americano, os coñecidos óvalos, a diferenza do circuíto tradicional europeo coas súas molestias causadas polas solucións arquitectónicas que impiden a visibilidade completa do trazado. Atópase nunha parcela dun millón e medio de metros cadrados situada na zona chamada Cambrillas, dentro do concello de Cheste. A só vinte quilómetros da cidade de Valencia e a escasos quince do aeroporto de Manises. Ademais, dado o seu clima temperado durante o inverno europeo, moitos equipos europeos de automobilismo e motociclismo usan o circuíto durante a pretemporada para probar. Tamén realiza probas de dúatlon e ciclismo.[2]
O circuíto de Cheste (como se coñece popularmente) consta de catro pistas diferentes, a máis usada é a pista GP, que está clasificada como categoría 2 pola FIA, o que significa que pode albergar todo tipo de eventos automobilísticos e de motor, a excepción do Gran Premio puntuable para o Campionato Mundial de Fórmula 1. Ao principio 2006 anunciouse que se realizarían reformas no circuíto para albergar grandes premios da Fórmula 1. [3] En abril, Bernie Ecclestone puxo a proba as capacidades da pista realizando unha rolda da GP2 Series . Poucos meses despois anunciouse que os grandes premios terían lugar finalmente nun trazado urbano, o Circuíto urbano de Valencia.
Eventos máis importantes
[editar | editar a fonte]- Gran Premio da Comunidade Valenciana (MotoGP, 250cc e 125cc)
- Gran Premio de España do Campionato do Mundo de Superbikes
- Tests de Fórmula 1 (principalmente durante a pretempada, de xaneiro a marzo)
- GP2 Series
- Campionato do Mundo de Turismos
- Fórmula 3 Española
Outros eventos
[editar | editar a fonte]- Concerto de Héroes del Silencio (27 de outubro de 2007), na xira Héroes del Silencio Tour 2007.
- Concerto de Madonna o 18 de setembro de 2008 na xira Sticky & Sweet Tour 50.143 espectadores
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Circuíto Ricardo Tormo |