Saltar ao contido

Clarín (xornal)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Clarín

Portada do #1, 1945.
Fundación28 de agosto de 1945
FundadorRoberto Noble
Lingualingua castelá
LocalidadeBuenos Aires
Na rede
https://www.clarin.com/
Twitter: clarincom Telegram: Clarincom Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Clarín é un xornal matutino arxentino editado na cidade de Buenos Aires. Fundado por Roberto Noble o martes 28 de agosto de 1945. De formato tabloide, é o xornal con maior tirada da Arxentina.

O xornal Clarín foi fundado o martes 28 de agosto de 1945 por Roberto Noble. Tivo como particularidade o ser un dos primeiros xornais do mundo en incluír un deseño máis compacto (tabloide) que o típico deseño saba que usaban os xornais dese entón. Este deseño adoptárono logo varios xornais londinienses para non perder aos lectores novos. Actualmente é o xornal de maior tirada da Arxentina. A propietaria e directora do grupo Clarín, que o controla, é Ernestina Herrera de Noble, viúva do fundador.

O seu lema é "Un toque de atención para la solución argentina de los problemas argentinos.” e o seu actual slogan publicitario: "El gran diario Argentino".

Orientación política

[editar | editar a fonte]

Aínda que orixinalmente tivo unha orientación desarrollista, posúe un carácter independente e acrítico en canto a notas de opinión e editoriais.

Na actualidade é o xornal con maior tirada da Arxentina e un dos de maior difusión no mundo de fala hispana cunha tirada que supera os 400.000 exemplares diarios segundo datos do IVC[1]. Tamén é o segundo xornal en español máis lído por Internet[2].

Clarín en Internet

[editar | editar a fonte]

En 1995 Clarín lanzou Clarín.com Actualmente é o sitio máis visitado de noticias da Arxentina e ten 15 000 000 de visitantes únicos por mes.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]