Claudio Pérez Prieto
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1907 A Habana, Cuba |
Morte | 27 de febreiro de 1977 (69/70 anos) Ribadeo, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | farmacéutico |
Familia | |
Irmáns | Manuel Pérez Prieto |
Claudio Pérez Prieto, nado na Habana cara a 1907 e finado en Ribadeo o 27 de febreiro de 1977, foi un farmacéutico e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela e foi dirixente da FUE de Farmacia. Puxo unha farmacia en Ribadeo. Afiliado ao Partido Galeguista, era o secretario do Grupo Galeguista de Ribadeo e presidente de Honra da Irmandade Galega. Foi presidente do coro Cántigas da Mariña.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 integrouse no comité de defensa, e cando os militares sublevados chegaron á vila, agochouse no lugar duns parentes en Ove. Foi descuberto polos falanxistas de Ribadeo e cambiou de agocho na casa doutros parentes de Lourido que lle construíron un zulo. En 1939 a familia organizoulle a fuga, viaxou a Santiago de Compostela, onde estivo agochado no sanatorio de Ramón Baltar, de alí trasladouse a Vigo acollido por José P. Villamil e desde alí pasou a Portugal. Desde Porto embarcou a Porto Rico e finalmente recalou nos Estados Unidos. Foi declarado en rebeldía acusado de rebelión militar e despois abríronlle expediente de responsabilidade civil,[1] polo que foi sancionado polo Tribunal Regional de Responsabilidades Políticas o 9 de febreiro de 1941 con 10 anos de inhabilitación especial e condenado ao pago de 3000 pesetas, embargáronlle todos os bens. Nos Estados Unidos tivo que alistarse no exército traballando como químico nos laboratorios militares. Retornou do exilio nos anos cincuenta. Traballou como empregado dun laboratorio farmacéutico e despois de novo na farmacia. Seguiu colaborando co nacionalismo na clandestinidade.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]O concello de Ribadeo puxo o seu nome a unha rúa.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Pérez Díaz, Claudio; Pérez Moratilla, Claudia (2003). Un gorro ruso. Vigo: Xerais. ISBN 978-84-1110-295-7.
- "Claudín de Dona Eudosia" Arquivado 28 de febreiro de 2018 en Wayback Machine., artigo de Xosé Ramón Ermida Meilán en Terra e Tempo, 22 de novembro de 2012.