Coburgo
Coburgo (en alemán: Coburg) é unha cidade alemá do Estado federado de Baviera, na rexión da Alta Franconia, cerca de Bamberg.
Coburg é a sede dun colexio técnico desde 1971. E desde 2005 recibiu o título de Cidade Europea. Veste Coburg, un dos complexos de castelos máis grandes de Alemaña, érguese sobre a cidade.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Situada a unha altitude nedia de 296 msnm, o municipio ocupa unha superficie de 48,3 km².
Segundo o censo de 31 de decembro de 2021 a súa poboasción era de 40 955 habitantes,[1] polo que a súa densidade de poboación, nese ano, era de 848 hab./km².
Historia
[editar | editar a fonte]A cidade de Coburgo fundouse durante a Alta Idade Media como un lugar de paso das numerosas rutas comerciais que cruzaban o centro de Europa. En 1353, tras varias disputas nobiliarias, o territorio de Coburgo pasou a depender da casa saxoa de Wettin.
No século XVII constituíuse como capital do Ducado de Saxonia-Coburgo, ao cal incorporaría os territorios Saalfeld e de Gotha ao longo do século XVIII.
Debido a un referendo popular, o ano 1920 incorporouse a Baviera, en vez de a Turinxia. Este feito fixo que, tras a segunda guerra mundial pertencera á República Federal de Alemaña.
A súa proximidade ao chamado Telón de aceiro fixo que durante a guerra fría a cidade resultara pouco favorecida economicamente e que, tras a Reunificación alemá, vivise unha forte revitalización.
Foi a primeira cidade de Alemaña en ter un alcalde do Partido Nazi, no ano 1931.
Relixión
[editar | editar a fonte]O 55 % da poboación é protestante, un 20,2 % católica e un 24,8 % doutras relixións ou atea.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Genesis Online-Datenbank des Bayerischen Landesamtes für Statistik Tabelle 12411-003r Fortschreibung des Bevölkerungsstandes: Gemeinden, Stichtag (Einwohnerzahlen auf Grundlage des Zensus 2011).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Coburgo |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial (en alemán).