Saltar ao contido

Colombia nos Xogos Olímpicos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Colombia nos Xogos Olímpicos

Código COI COL
Comité nacional Comité Olímpico Colombiano
www.coc.org.co (en castelán)
Medalleiro
Ouro
5
Prata
16
Bronce
17
Total
38

Colombia participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1932, e enviou atletas para competir en cada edición dos Xogos de Verán, agás nunha ocasión nos Xogos de 1952. Os atletas colombianos gañaron un total de 38 medallas olímpicas (5 de ouro, 16 de prata e 17 de bronce) en nove deportes diferentes, con halterofilia e o ciclismo como os máis exitosos. Colombia é o terceiro país de América do Sur con máis medallas nos Xogos Olímpicos, após o Brasil e a Arxentina respectivamente. O Comité Olímpico colombiano foi creado en 1936 e está recoñecido polo Comité Olímpico Internacional dende 1948.

Delegación colombiana nos Xogos de Berlín de 1936.

A delegación olímpica colombiana asistiu por primeira vez a uns Xogos Olímpicos nos Xogos de 1932 nos Ánxeles, contando cun só atleta: Jorge Perry. Perry enviou unha carta ao Comité Olímpico Internacional en xaneiro de 1932 na cal se presentaba a si mesmo e describía Colombia como "un pequeno país de América do Sur con gañas de facer medrar o seu deporte e de formar parte do movemento olímpico". Ademais, expresou o seu desexo de participar na daquela inminente competición.[1] O mes seguinte, Perry recibiu unha resposta do COI, que non só aceptaba a súa proposta senón que lle ofrecía axuda antes e durante a competición. O 30 de xullo de 1932, desfilou na cerimonia de inauguración representando a un país non afiliado ao COI.[2] Competiu na proba de maratón, mais logo de dez quilómetros non foi quen de rematar a carreira, que foi gañada polo arxentino Juan Carlos Zabala. Catorce anos máis tarde, en 1946, o primeiro deportista olímpico de Colombia morreu en Bogotá, 4 días despois de ter sufrido un accidente de moto preto de Samacá. Na edición de 1936 dos Xogos, o Comité Olímpico Colombiano xa fora creado e enviou cinco atletas para competir en Berlín. Despois da controvertida decisión de volver xogar un partido de fútbol entre o Perú e Austria (logo dun resultado adverso para os austríacos), a delegación colombiana abandonou a vila olímpica como mostra de apoio para o equipo peruano.[3] Logo do remate da segunda guerra mundial, celebráronse os Xogos de 1948 en Londres, e por primeira vez Colombia enviou deportistas doutros deportes ademais de atletismo, participando en esgrima e natación.[4] Por mor de problemas financeiros e o posterior período de violencia, Colombia non participou nos Xogos de 1952 en Helsinqui.[5] Nos Xogos de 1956 en Melbourne, o equipo colombiano expandiuse duns poucos competidores a 26 atletas, enviando ciclistas e levantadores de peso por primeira vez.[6] Os atletas colombianos continuaron participando nos Xogos Olímpicos dende entón sen perder ningunha edición dos Xogos de Verán, enviando atletas femininas para competir por primeira vez nos Xogos Olímpicos de 1968 celebrados en Cidade de México.[7][8]

Colombia gañou as súas primeiras medallas olímpicas nos Xogos de 1972 en Múnic, corenta anos despois da súa primeira aparición nos Xogos de Verán. A primeira foi unha medalla de prata gañada polo tirador Helmut Bellingrodt na proba de tiro a branco en movemento a 50 metros,[9] e despois tanto Clemente Rojas como Alfonso Pérez gañaron cadansúa medalla de bronce en probas de boxeo, conseguindo un total de tres medallas para a delegación colombiana neses xogos.[10]

Táboas coas medallas

[editar | editar a fonte]

Medallas nos Xogos de Verán

[editar | editar a fonte]
Xogos Atletas Ouro Prata Bronce Total Posto
Os Ánxeles 1932 1 0 0 0 0
Alemaña Nazi Berlín 1936 5 0 0 0 0
Londres 1948 5 0 0 0 0
Finlandia Helsinqui 1952 non participou
Australia Melbourne 1956 26 0 0 0 0
Italia Roma 1960 16 0 0 0 0
Xapón Toquio 1964 20 0 0 0 0
Cidade de México 1968 44 0 0 0 0
República Federal Alemá Múnic 1972 59 0 1 2 3 31
Montreal 1976 35 0 0 0 0
Unión Soviética Moscova 1980 23 0 0 0 0
Os Ánxeles 1984 39 0 1 0 1 33
Seúl 1988 40 0 0 1 1 46
España Barcelona 1992 49 0 0 1 1 54
Atlanta 1996 48 0 0 0 0
Australia Sydney 2000 44 1 0 0 1 50
Grecia Atenas 2004 53 0 0 2 2 68
República Popular da China Pequín 2008 67 0 2 1 3 59
Londres 2012 104 1 3 4 8 38
Río de Xaneiro 2016 147 3 2 3 8 23
Xapón Toquio 2020 70 0 4 1 5 66
Francia París 2024 87 0 3 1 4 66
Os Ánxeles 2028 Evento futuro
Australia Brisbane 2032
Total 5 16 17 38 71

Medallas nos Xogos de Inverno

[editar | editar a fonte]
Xogos Atletas Ouro Prata Bronce Total Posto
Vancouver 2010 1 0 0 0 0
Sochi 2014 Non participou
Pyeongchang 2018 4 0 0 0 0
República Popular da China Pequín 2022 3 0 0 0 0
Italia Milán-Cortina d'Ampezzo 2026 Evento futuro
Total 0 0 0 0

Medallas por deporte

[editar | editar a fonte]
Deporte Ouro Prata Bronce Total
Halterofilia 2 6 3 11
Ciclismo 2 2 4 8
Atletismo 1 3 1 5
Tiro 0 2 0 2
Boxeo 0 1 4 5
Judo 0 1 1 2
Ximnasia 0 1 0 1
Loita 0 0 3 3
Taekwondo 0 0 1 1
Total 5 16 17 38

Lista de medallistas

[editar | editar a fonte]
Medalla Nome Xogos Deporte Evento
Medalla de prata Prata Bellingrodt, HelmutHelmut Bellingrodt Alemaña Múnic 1972 Tiro 50 metros con obxectivo móbil
Medalla de bronce Bronce Rojas, ClementeClemente Rojas Alemaña Múnic 1972 Boxeo Peso pluma masculino
Medalla de bronce Bronce Pérez, AlfonsoAlfonso Pérez Alemaña Múnic 1972 Boxeo Peso lixeiro masculino
Medalla de prata Prata Bellingrodt, HelmutHelmut Bellingrodt Os Ánxeles 1984 Tiro 50 metros con obxectivo móbil
Medalla de bronce Bronce Julio, EliécerEliécer Julio Seúl 1988 Boxeo Peso banta masculino
Medalla de bronce Bronce Restrepo, XimenaXimena Restrepo España Barcelona 1992 Atletismo 400 metros feminino
Medalla de ouro Ouro Urrutia, María IsabelMaría Isabel Urrutia Australia Sydney 2000 Halterofilia 75 kg feminino
Medalla de bronce Bronce Calle, María LuisaMaría Luisa Calle Grecia Atenas 2004 Ciclismo Carreira de puntos feminina
Medalla de bronce Bronce Mosquera, MabelMabel Mosquera Grecia Atenas 2004 Halterofilia 53 kg feminino
Medalla de prata Prata Salazar Quintero, DiegoDiego Salazar Quintero República Popular da China Pequín 2008 Halterofilia 62 kg masculino
Medalla de prata Prata Solís, LeidyLeidy Solís República Popular da China Pequín 2008 Halterofilia 69 kg feminino
Medalla de bronce Bronce Rentería, JackelineJackeline Rentería República Popular da China Pequín 2008 Loita Estilo libro de 55 kg feminino
Medalla de ouro Ouro Pajón, MarianaMariana Pajón Londres 2012 Ciclismo BMX feminino
Medalla de prata Prata Ibargüen, CaterineCaterine Ibargüen Londres 2012 Atletismo Triplo salto feminino
Medalla de prata Prata Urán, RigobertoRigoberto Urán Londres 2012 Ciclismo Carreira en estrada masculina
Medalla de prata Prata Figueroa, ÓscarÓscar Figueroa Londres 2012 Halterofilia 62 kg masculino
Medalla de bronce Bronce Oquendo, CarlosCarlos Oquendo Londres 2012 Ciclismo BMX masculino
Medalla de bronce Bronce Alvear, YuriYuri Alvear Londres 2012 Judo 70 kg feminino
Medalla de bronce Bronce Oviedo, Óscar MuñozÓscar Muñoz Oviedo Londres 2012 Taekwondo 58 kg masculino
Medalla de bronce Bronce Valoyes, UbaldinaUbaldina Valoyes Londres 2012 Halterofilia 69 kg feminino
Medalla de bronce Bronce Rentería, JackelineJackeline Rentería Londres 2012 Loita Estilo libre de 55 kg feminino
Medalla de ouro Ouro Ibargüen, CaterineCaterine Ibargüen Río de Xaneiro 2016 Atletismo Triplo salto feminino
Medalla de ouro Ouro Pajón, MarianaMariana Pajón Río de Xaneiro 2016 Ciclismo BMX feminino
Medalla de ouro Ouro Figueroa, ÓscarÓscar Figueroa Río de Xaneiro 2016 Halterofilia 62 kg masculino
Medalla de prata Prata Martínez, YuberjenYuberjen Martínez Río de Xaneiro 2016 Boxeo Peso mosca masculino
Medalla de prata Prata Alvear, YuriYuri Alvear Río de Xaneiro 2016 Judo 70 kg feminino
Medalla de bronce Bronce Valencia, IngritIngrit Valencia Río de Xaneiro 2016 Boxeo Peso mosca feminino
Medalla de bronce Bronce Ramírez Yepes, CarlosCarlos Ramírez Yepes Río de Xaneiro 2016 Ciclismo BMX masculino
Medalla de bronce Bronce Mosquera, Luis JavierLuis Javier Mosquera Río de Xaneiro 2016 Halterofilia 69 kg masculino
Medalla de prata Prata Mosquera, Luis JavierLuis Javier Mosquera Toquio 2020 Halterofilia 67 kg masculino
Medalla de prata Prata Pajón, MarianaMariana Pajón Toquio 2020 Ciclismo BMX feminino
Medalla de prata Prata Zambrano, AnthonyAnthony Zambrano Toquio 2020 Atletismo 400 metros maculino
Medalla de prata Prata Arenas, SandraSandra Arenas Toquio 2020 Atletismo Marcha de 20 quilómetros feminina
Medalla de bronce Bronce Ramírez Yepes, CarlosCarlos Ramírez Yepes Toquio 2020 Ciclismo BMX masculino
Medalla de prata Prata Barajas, ÁngelÁngel Barajas Francia París 2024 Ximnasia Barra horizontal masculino
Medalla de prata Prata López, YeisonYeison López Francia París 2024 Halterofilia 89 kg masculino
Medalla de prata Prata Sánchez, MariMari Sánchez Francia París 2024 Halterofilia 71 kg feminino
Medalla de bronce Bronce Rentería, TatianaTatiana Rentería Francia París 2024 Loita 76 kg feminino
  1. "COC 80 AÑOS (2): Perry Villate, pionero de Colombia en los Juegos Olímpicos". coc.org.co/ (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2021. Consultado o 16 de setembro de 2020. 
  2. "Jorge Perry Villate, el primer colombiano en unos Juegos Olímpicos". las2orillas.com (en castelán). Consultado o 16 de setembro de 2020. 
  3. "Hace 75 años Perú se retiró de Berlín 36 tras "humillar" a Hitler". elcomercio.pe (en castelán). Consultado o 16 de setembro de 2020. 
  4. "Colombia en los Olímpicos (2): Londres 1948". coc.org.co (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2021. Consultado o 16 de setembro de 2020. 
  5. "Colombia en los Olímpicos (3): Melbourne 1956". coc.org.co (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2021. Consultado o 16 de setembro de 2020. 
  6. "Sports Reference". Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2020. Consultado o 17 de abril de 2020. 
  7. "Sports Reference". Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2020. Consultado o 17 de abril de 2020. 
  8. "Colombia en los Olímpicos (6): México 1968". coc.org.co (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2021. Consultado o 16 de setembro de 2020. 
  9. "Helmut Bellingrodt apunta y dispara directo al deporte". revistas.elheraldo.co. Consultado o 16 de setembro de 2020. 
  10. "Colombia en los Olímpicos (7): Múnich, 1972". coc.org.co (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2021. Consultado o 16 de setembro de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]