Comarca do Ribeiro
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | provincia de Ourense | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 15.571 (2020) (38,27 hab./km²) | ||||
Xentilicio | ribeiro | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 406,92 km² | ||||
A comarca do Ribeiro é unha comarca galega situada na provincia de Ourense no curso medio do río Miño, que a percorre de nordeste a suroeste. A súa capital é Ribadavia, e a ela pertencen os concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia. Dálle nome ao viño do Ribeiro.
Ocupa unha superficie de 406,92 km², nos que viven 15.571 habitantes (2020).[1] Por ela transcorren tamén os ríos Arnoia e Avia. O Miño está represado nos encoros de Castrelo de Miño e da Frieira. Existen varios balnearios que aproveitan as augas. Desde a Serra do Suído e Faro de Avión, ao oeste, onde se chega ao 1.000 m de altitude, o relevo descende até só 97 m en Ribadavia e Arnoia.
Demografía
[editar | editar a fonte]Padrón municipal 2020 | 15.571 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 1.170 (7,51 %) |
Entre 16 e 64 anos | 8.296 (53,28 %) |
Maiores de 65 anos | 6.105 (39,21 %) |
Clima
[editar | editar a fonte]O clima é de transición oceánico-mediterráneo, propicio para o cultivo do viñedo.
O Ribeiro na cultura popular galega
[editar | editar a fonte]- Refraneiro
- Dálle ó porco do caldeiro, e non do Ribeiro [2].
- Mentras auga teña o Miño, no Ribeiro non falta viño [3].
- O viño do Ribeiro fai andar ó mozo lixeiro [4].
- O viño do Ribeiro fai fortes ós mozos e remoza ós vellos [4].
- O viño do Ribeiro fai ó vello chuscarrandeiro [4].
- O viño do Ribeiro non ten compañeiro [4].
- O viño do Ribeiro ten sona de paroleiro [4].
- Viño tinto do Ribeiro, falangueiro e trouleiro [4].
- Pra bos viños, Ribadavia, e todo o Ribeiro de Avia [4].
- Viño tinto do Ribeiro, falangueiro e trouleiro [4].
- Cantigueiro
- O Ribeiro é moi alegre/ polo tempo da vendima,/ que o veñen facer alegre/ as nenas de aló d’arriba.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes da comarca do Ribeiro.
-
Concellos da comarca do Ribeiro.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "IGE - Información comarcal". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2021. Consultado o 2021-04-30.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. porco.
- ↑ Marcial Valladares Núñez (1884)'
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 Eladio Rodríguez González: Diccionario enciclopédico gallego-castellano (1958-1961), s. v. viño.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo 1958-1961.
- VALLADARES NÚÑEZ, Marcial: Diccionario gallego-castellano, Santiago, Imp. Seminario Conciliar 1884.