Saltar ao contido

Comisario Maigret

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Maigret.

Jules Maigret, coñecido como o comisario Maigret é unha personaxe de ficción creada polo escritor belga Georges Simenon (1903-1989). Protagonista de 75 novelas e 28 relatos, a súa sona medrou ao longo do tempo, en parte debido ás numerosas adaptacións cinematográficas e televisivas das súas novelas.

Datos biográficos

[editar | editar a fonte]

Ao longo das obras que teñen ao comisario Maigret como protagonista, Georges Simenon fornecerá aos lectores dos datos biográficos do protagonista, especialmente na novela Les mémoires de Maigret (1951). Porén, algúns deles son contraditorios entre si. Así, na novela Le revolver de Maigret (1952) dise que Jules-Joseph Anthelme é o seu nome completo, mentres que na novela La Première enquête de Maigret, 1913 (1948) se dará como tal nome o de Jules Amédée François.

Jules Maigret naceu na localidade de Saint-Fiacre (trasunto literario de Paray-le-Frésil), preto da cidade de Moulins, na rexión francesa de Auvernia, a finais do século XIX. Era fillo de Evariste, o administrador do castelo de Saint-Fiacre, cuxa actividade profesional era a de xestionar as preto de tres mil hectáreas que, divididas en diversas granxas, estaban arrendadas a distintos caseiros. O seu avó fora un destes arrendatarios.

Sendo el aínda un cativo, a súa nai morreu nas complicacións dun parto do que había ser o seu segundo fillo. Interno nun instituto de Moulins por uns meses, ao non se adaptar, o seu pai decidiu envialo á cidade bretoa de Nantes, xunto dos seus tíos. Pasa as vacacións con seu pai até a morte deste, aos 46 anos.

Estudou dous anos de medicina en Nantes. Porén, á morte da súa tía, e malia o intento do seu tío de empregalo na panadaría familiar, decidiu deixar os estudos, marchar a París e comezar a súa propia vida. Por mediación dun antigo amigo do instituto, ingresou na policía como axente ciclista, ascendendo até chegar a ser comisario de división da brigada criminal. Nunha festa coñeceu a Louise Léonard, natural de Colmar, na Alsacia, coa que casou pouco tempo despois. O matrimonio non puido ter fillos.

Maigret é un home de vida sinxela: gosta da comida tradicional, a compaña da súa muller con quen partilla sesións de cinema e largos paseos, a cervexa, os licores caseiros. Ao pasar ao retiro instalouse nunha pequena casa na vila de Meung-sur-Loire, no departamento do Loiret, na marxe norte do Loira. Dedicarase dende entón, coa excepción dalgunhas intervencións en casos puntuais, á pesca, a xogar ás cartas e a coidar da súa cortiña. Actividades simples, á marxe das grandes responsabilidades como alto funcionario e home de sona do pasado.

Método de investigación

[editar | editar a fonte]

A morte da súa nai, en parte debida á má intervención dun médico alcohólico, deixou unha fonda pegada en Maigret. Convencido de que hai xente que se empeña en seguir un camiño para o que non está capacitada, xa dende mozo soña cunha ocupación que non existe, ser reparador de destinos, advertir á xente que empeñarse en algo para o que non se está chamado leva ao desastre. Andado o tempo Maigret cre ver na profesión de psicanalista<1> algo semellante á inexistente profesión de reparador de destinos.

En certo senso, este devezo xuvenil traducirase logo no seu método de traballo. Para as súas investigacións é vital pórse no lado da xente, tratar de comprendela, vivir as súas circunstancias, o seu ambiente, coñecer os seus costumes, a súa maneira de pensar. Segundo a súa experiencia, as persoas que cometen crimes son, polo xeral, xente do común ás que un camiño equivocado arrastra ao delito.

Home de gran sensibilidade humana, a pesar de que o seu traballo o pon en contacto coas miserias do home, é unha persoa optimista, que confía no ser humano e na xente sinxela. Pola contra, os ambientes burgueses e aristocráticos incomódano, pois, aos seus ollos, tenden a enmascarar as súas miserias co luxo, o poder e ostentación.

Os seus colaboradores

[editar | editar a fonte]

Lucas, é o máis antigo dos homes ao cargo do comisario Maigret, ao que substitúe cando está de vacacións ou se atopa fóra de París. É dos seus colaboradores o máis querido e próximo. Malia ser un home bastante máis pequeno e groso que o comisario, imítao no seu comportamento e mesmo os seus xestos.

Albert Janvier, alto e delgado, en oposición a Lucas, é o segundo nos seus afectos e na súa confianza após Lucas.

Torrence, xeralmente chamado o gordo Torrence pola súa constitución física, malia ser asasinado na primeira das novelas da serie (Pietr-Le-Letton, 1931) aparecerá decote nas seguintes novelas de Maigret. Caracterízao ser amante da comida e da bebida, así como ser falangueiro e mesmo algo infantil.

Albert Lapointe é o máis novo dos seus colaboradores. Malia a inexperiencia propia da súa mocidade, o seu celo profesional e a súa seriedade convérteno nun gran policía e nun colaborador moi querido.

Charles Joseph Lognon, tamén chamado o inspector desgraciado. Non está ás ordes directas do comisario Maigret pois non pertence á brigada do Quai des Orfèvres. Traballa na comisaría de Montmartre. De aspecto lúgubre, desordenado e enfermizo, é ben querido por Maigret, pois, alén das súas cuitas e do seu aspecto, é un home de vontade de ferro e un excelente policía.

A Francia de Maigret

[editar | editar a fonte]

Unha boa parte das novelas de Maigret transcorre en París. Son escenarios habituais o seu despacho do Quai des Orfèvres, a súa morada no Boulevard Richard-Lenoir e os diversos barrios, coas súas xentes, as súas tabernas e os seus restaurantes.

Tamén son moitas as investigacións que levan ao comisario ás pequenas vilas da Francia. Descritas, as máis das veces, como provincianas e conservadoras en oposición a un París mundano e cosmopolita. No entanto, é o ambiente ao que, por nacenza, Maigret se sente máis próximo.

Nas novelas de Maigret aparecen tamén reflectidas as diversas idiosincrasias dos pobos de Francia, estereotipadas polo xeral: a xente do sur, mediterránea, alegre e locuaz, os protestantes circunspectos e rigorosos, os corsos vinculados ao mundo da hampa ou á policía ...)

Maigret en galego

[editar | editar a fonte]

A única novela protagonizada polo comisario Maigret traducida ao galego é Maigret na escola ( en francés Maigret à l'école, 1954). Foi traducida polo escritor Xosé Manuel Martínez Oca e publicouse no 1992 na desaparecida editorial Vía Láctea Editorial.

As novelas de Maigret

[editar | editar a fonte]
  • Pietr-Le-Letton (1931)
  • M. Gallet, décédé (1931)
  • Le pendu de St Pholien (1931)
  • Le charretier de la providence (1931)
  • La tête d'un homme (1931)
  • Le chien jaune (1931)
  • La nuit du carrefour (1931)
  • Un crime en Hollande (1931)
  • Au rendez-vous en Terre-Neuvas (1931)
  • La danseuse du Gai-Moulin (1931)
  • La guinguette à deux sous (1931)
  • Le port des brumes (1932)
  • L'ombre chinoise (1932)
  • L'affaire Saint-Fiacre (1932)
  • Chez les Flamands (1932)
  • Le fou de Bergerac (1932)
  • Liberty bar (1932)
  • L'écluse no 1 (1933)
  • Maigret (1934)
  • Cécile est morte (1942)
  • Les caves du Majestic (1942)
  • La maison du juge (1942)
  • Signé Picpus (1944)
  • L'inspecteur Cadavre (1944)
  • Félicie est là (1944)
  • Maigret se fâche (1947)
  • Maigret à New York (1947)
  • Les vacances de Maigret (1948)
  • Maigret et son mort (1948)
  • La première enquête de Maigret (1949)
  • Mon ami Maigret (1949)
  • Maigret chez le coroner (1949)
  • Maigret et la vieille dame (1950)
  • L'amie de Madame Maigret (1950)
  • Les mémoires de Maigret (1951)
  • Maigret au Picratt's (1951)
  • Maigret en meublé (1951)
  • Maigret et la grande perche (1951)
  • Maigret, Lognon et les gangsters (1952)
  • Le revolver de Maigret (1952)
  • Maigret et l'homme du banc (1953)
  • Maigret a peur (1953)
  • Maigret se trompe (1953)
  • Maigret na escola (Maigret à l'école, 1954)
  • Maigret et le fantôme (1954)
  • Maigret et la jeune morte (1954)
  • Maigret chez le ministre (1955)
  • Maigret et le corps sans tête (1955)
  • Maigret tend un piège (1955)
  • Un échec de Maigret (1956)
  • Maigret s'amuse (1957)
  • Maigret voyage (1958)
  • Les scrupules de Maigret (1958)
  • Maigret et les témoins récalcitrants (1959)
  • Une confidence de Maigret (1959)
  • Maigret aux assises (1960)
  • Maigret et les vieillards (1960)
  • Maigret et le voleur paresseux (1961)
  • Maigret et les braves gens (1962)
  • Maigret et le client du samedi (1962)
  • Maigret et le clochard (1963)
  • La colère de Maigret (1963)
  • Maigret se défend (1964)
  • La patience de Maigret (1965)
  • Maigret et l'affaire Nahour (1966)
  • Le voleur de Maigret (1967)
  • Maigret à Vichy (1968)
  • Maigret hésite (1968)
  • L'ami d'enfance de Maigret (1968)
  • Maigret et le tueur (1969)
  • Maigret et le marchand de vins (1970)
  • La folle de Maigret (1970)
  • Maigret et l'homme tout seul (1971)
  • Maigret et l'indicateur (1971)
  • Maigret et Monsieur Charles (1972)

Os relatos

[editar | editar a fonte]
  • Une erreur de Maigret (1938)
  • L’amoureux de Madame Maigret (1938)
  • Stan le tueur (1938)
  • L’Auberge aux noyés (1938)
  • La péniche aux deux pendus (1938)
  • L’affaire du Boulevard Beaumarchais (1938)
  • La fenêtre ouverte (1938)
  • Monsieur Lundi (1938)
  • Jeumont, 51 minutes d’arrêt (1938)
  • Les larmes de bougie (1938)
  • Rue Pigalle (1938)
  • La vieille dame de Bayeux (1938)
  • L’Étoile du Nord (1938)
  • Tempête sur la Manche (1938)
  • Mademoiselle Berthe et son amant (1938)
  • L’improbable Monsieur Owen (1938)
  • Ceux du Grand Café (1938)
  • Le notaire du Châteauneuf (1938)
  • L’Homme dans la rue (1939)
  • Vente à la bougie (1939)
  • Menaces de mort (1942)
  • La pipe de Maigret (1945)
  • Le témoinage de l’enfant de chœur (1946)
  • Le client le plus obstiné du monde (1946)
  • Maigret et l’inspecteur malgracieux (1946)
  • On ne tue pas les pauvres types (1946)
  • Sous peine de mort (1946)
  • Un Noël de Maigret (1950)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • <1>Tout Maigret VI, pax 640. Omnibus 2007. ISBN:978-2-258-07345-6