Common Travel Area
A Common Travel Area é unha zona libre de pasaporte que comprende as illas de Irlanda, Gran Bretaña, a Illa de Man e as Illas da Canle. As fronteiras internas están suxeitas ós mínimos ou a ningún control fronteirizo e poden ser cruzadas con normalidade por calquera cidadán inglés ou irlandés con só o documento de identidade. O mantemento da área involve unha considerable cooperación en canto a materia de inmigración por parte de ambos gobernos inglés e irlandés. O goberno Irlandés impuxo controis de inmigración a xente que entra no seu territorio desde o Reino Unido desde 1997. Estes controis son obrigatorios para os pasaxeiros de avión, algúns barcos e pasos terrestres. En 2008 o goberno Británico anunciou que tiña plans para impoñer controis similares aos pasaxeiros que entren no Reino Unido, o cal se se leva a cabo, sería a fin da Common Travel Area.