Conversa:Célula presentadora de antíxenos
Nome
[editar a fonte]Dubidei no nome da páxina entre célula presentadora de antíxeno ou de antíxenos. A tradución de antigen-presenting cell por célula presentadora de antíxeno é moi usada pero a min paréceme un pouco rara sintacticamente (en galego e en castelán) pola mesma razón que me parace mellor dicir "comedor de patacas" que "comedor de pataca". En inglés os adxectivos sempre van en singular, pero ás veces é mellor traducilos por un plural. A misión desta célula é presentar antíxenos, non presentar antíxeno. Se tratamos os antíxenos como entidades individualizadas (un antíxeno, dous antíxenos, tres... moitos antíxenos) creo que é mellor "de antíxenos". Se tratamos a antíxeno como un concepto (molécula que activa o sistema inmunitario) paréceme mellor "do antíxeno". En resume, sóame mellor "de antíxenos" ou mesmo "do antíxeno" que "de antíxeno". Puxen redireccións para que todas as formas que aparecían na Galipedia teñan ligazón, pero se alguén entende destas cousas que opine ou que o cambie. Outro exemplo hipotético: se tivérades que traducir lymphocyte-activating cell preferiríades célula activadora de linfocitos, do linfocito ou de linfocito?.--Miguelferig (conversa) 31 de xaneiro de 2013 ás 18:21 (UTC)
Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)
[editar a fonte]Ola compañeiros editores,
Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Célula presentadora de antíxenos. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20070927185442/http://db.doyma.es/cgi-bin/wdbcgi.exe/doyma/mrevista.go_fulltext_o_resumen?esadmin=si&pident=14122 á ligazón http://db.doyma.es/cgi-bin/wdbcgi.exe/doyma/mrevista.go_fulltext_o_resumen?esadmin=si&pident=14122
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20070808141536/http://www.uco.es/grupos/inmunologia-molecular/inmunologia/tema06/etexto06.htm á ligazón http://www.uco.es/grupos/inmunologia-molecular/inmunologia/tema06/etexto06.htm
Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.
Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 23 de agosto de 2018 ás 05:19 (UTC)